Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Galicia está de moda

0

Esta semana atopabamos noticias como “A Coruña: única cidade española entre as 10 do mundo que serán tendencia este ano“, “A maior editora de guías de viaxes do mundo recomenda Galicia como destino fabuloso e económico” e “Os lugueses, os máis felices de Galicia“, e é que Galicia está de moda!.

Xa o di a canción: “Vivir na Coruña, que bonito é, andar de parranda e durmir de pé!”, e o comparador de voos Skycanner confírmanolo, incluíndo esta cidade entre as 10 do mundo que serán tendencia este 2016. Ademais, un estudo do Instituto Galego de Estatística conclúe que os lugueses son os máis felices de Galicia. É que somos afortunados/as polo sitio en que nos tocou (ou en que escollemos) vivir!.

Os galegos e as galegas temos sentimentos incomparables cos do resto mundo, por algo posuímos para definilos palabras imposibles de ser traducidas, como a tan característica morriña, que xa é un sinal de identidade. Canto botamos de menos a terra cando estamos lonxe dela! A ledicia de estar coa nosa xente, na nosa vila, entre paisanos e paisanas… Esa sensación e indescritible!, por iso sentimos soidades (ou saudade) cando non podemos telo.

Como di Siniestro Total en ‘Miña terra galega‘, pode que teñamos sempre o ceo gris, pero tamén hai días en que sae o sol, e incluso días en que vai calor!

Vale, é certo que chove… pero que contentos/as quedamos cando escampa!

E o ben que comemos!, que dicides do ben que nos coidamos na mesa!

E as nosas paisaxes!, cada un dos recantos esparexidos polas catro provincias… todos eles dignos de ver.

Por non falar do riquiños e riquiñas que somos os/as galegos/as! É que dá gusto!

Visto todo isto…, que vos vou dicir! É normal que nos recomenden en guías e buscadores de viaxes, porque Galicia hai que gozala!

E logo, que pensas?