Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Expresións galegas que “quedan ben”

0

Hoxe imos falar de varias expresións galegas que teñen un uso frecuente e que non sempre se empregan axeitadamente.

A primeira delas é a balavento, que se emprega para indicar que algo se fai ou se desenvolve de forma rápida, intensa ou atropelada.

A seguinte expresión é a esgalla, que ten o significado de ‘en abundancia ou gran cantidade’.

Por último, a rente de (ou a rentes de), que é unha locución adverbial que empregamos para indicar ‘ao mesmo nivel de algo’ ou ‘polo lado de, moi próximo a’.

Xa sabemos que en galego todo “queda ben”, pero se o facemos correctamente, moito mellor!

 

E logo, que pensas?