Hoxe en Saborea a lingua imos falar dunha estrea moi especial. A CRTVG ofrece desde hoxe a súa programación para os máis pequenos a través dunha nova aplicación: Xabarín TVG. Esta App está dispoñible para móbiles e tabletas, e desde ela os máis cativos poderán gozar de todas as series de animación en galego do Xabarín Club.
Esta aplicación está especialmene destinada á rapazada de ata 14 anos, que terán á súa disposición series como ‘Fish and Chips’, ‘Cocorico’, ‘Caracois‘, ‘A vaca Connie’, ‘O cordeiro Shaun’, ‘Os defensores dos soños’, ‘Raa Raa, o leonciño rebuldeiro’, ‘Os Bolechas’… e moitas máis!
Ademais, para aqueles/as rapaces/as que aínda non o fixeron, a aplicación tamén permite afiliarse ao Xabarín Club.
E todo en galego, claro! Unha forma estupenda de que a rapazada goce e aprenda na nosa lingua.
E logo, que pensas?