Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Era unha vez…

0

Así empeza a aventura, así esperta a  ilusión, a fantasía… Era unha vez un mundo de contos, de historia, de narracións… Así comezamos un repaso polo mundo dos contos clásicos, por esa tradición que pasa de pais e nais a fillos/as.

É indiscutible que en Galicia temos unha inmensa riqueza de contos, lendas e historias que foron pasando de boca en boca xeración tras xeración. Historias e historias contadas que van quedando na nosa memoria e que nós imos contando.

Así mesmo, tamén nos chegaron moitos clásicos que fomos adoptando e adaptando e que conseguiron un oco na nosa tradición. Quen non escoitou o leu algunha vez Carapuchiña vermella, Os tres porquiños, Brancaneves e os sete ananos, A Cinsenta, A bela e a besta, Garavanciño, O gato con botas, O parruliño feo, A bela dormente, O soldadiño de chumbo, Polgarciño, A ratiña presumida, O mago de Oz…?

Todos estes relatos forman parte da infancia de todos/as nenos/as, todos sabemos estas historias, identificamos os personaxes e coñecemos a sentenza ou adaxio (o dito ou frase que expresa un consello ou xuízo da sabedoría popular) que moitos deles queren transmitirnos.

Estas creación seguen moi vixentes a día de hoxe e seguen contándose e representándose en todos os recunchos. En Vívea.gal poderedes ver a información sobre a representación musical dun destes contos, A bela e a besta, que vai ter lugar en Pontevedra.

Era unha vez… un mundo de contos e historias que crean un mundo de fantasía e ilusión.

E logo, que pensas?