Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Entre san Miguel e san Martiño

0

Cambiamos de estación, o verán quedou atrás, aínda que seguimos notando as súas últimas rabexadas. O outono comezou suave, agradable, e estes días gozamos do coñecido popularmente como verán de san Miguel, pola celebración desta festividade hoxe, 29 de setembro.

Esta prolongación do verán deixará paso en breve ao outono, pero aínda nos queda outra oportunidade de gozar dun breve verán, o de san Martiño, que reservamos para novembro.

Despois dun verán caloroso, os/as galegos/as parece que non resistimos a cambiar de estación, pero co verán de san Miguel e co de san Martiño o outono será máis levadío.

O san Miguel está moi presente na cultura popular galega, como vemos no noso refraneiro, facendo alusión, sobre todo, a un dos labores propios destes días: a vendima.

-Aí vén San Miguel, co seu tonel

-Polo san Miguel mete as uvas no tonel

-O que vendima en san Miguel, bebe ben

-Polo San Miguel están as uvas o mesmo que mel

-San Migueliño das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras

 

 

 

 

E logo, que pensas?