Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Día de San Valentín, Día dos Namorados

0

Lingua doce, agarimosa, feiticeira, namoradora, conquistadora, afagadora…

Hoxe é 14 de febreiro, Día dos Namorados ou Día de San Valentín, e dende Saborea a lingua mandámosvos mecos, agarimos e apertas a todos/as, esteades namorados/as ou non.

Hai mellor lingua para transmitir os sentimentos que o galego? Non, claro que non! Namorade e namorádevos en galego; escribídelle e dicídelle esas palabras bonitas á persoa que queredes en galego; conquistade no noso idioma!

O galego namora! Cupido seguro que fala galego!

E logo, que pensas?