Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, homenaxeamos o escritor e crítico literario galego Carlos Casares.
Un 24 de agosto, alá polo ano 1941, nacía en Ourense Carlos Casares Mouriño, que chegaría a ser un dos escritores galegos máis coñecidos e considerados.
Este escritor é o autor de obras tan coñecidas como Vento Ferido, Cambio en tres ou Xoguetes para un tempo prohibido, todas elas de relatos. Tamén escribiu as novelas Os escuros soños de Clío, Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán.
Así mesmo, Carlos Casares tamén ten publicacións de literatura infantil, como A galiña azul, As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas ou O can Rin e o lobo Crispín, entre outras.
Ademais, tamén escribiu ensaios e artigos xornalísticos.
A familia de Casares tiña fondos vínculos relixiosos, con varios cregos, un deles arcebispo, e Carlos estudaría no Seminario de Ourense e incluso quixo ser arcebispo.
Xa no ámbito privado e familiar, Carlos Casares casou con Karin Anna Kristina Berg, unha moza sueca que lle transmitiu o amor e admiración pola súa terra, que visitaban frecuentemente. Con ela tivo os seus dous fillos.
Casares finou o 9 de marzo do 2002.
Na páxina web da CRTVG, na canle temática Letras Galegas 2017, pódense ver diferentes contidos sobre as diversas facetas deste coñecido escritor galego.
E logo, que pensas?