Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Como manda a tradición, saen os cabezudos pola Ascensión

0

Hoxe é festa en Compostela, celébrase a Ascensión. Como manda a tradición, dende hai décadas, un día coma hoxe saen os cabezudos pola zona vella compostelá.

No programa Alalá contábannos a orixe e os detalles desta tradición. Cando os cabezudos saen á rúa comeza un espectáculo que abraia os asistentes, que chegan a crer que teñen vida propia, que son reais… Por iso, un dos segredos mellor gardados é a identidade dos bailadores.

A música e o baile son imprescindibles durante todo o percorrido. Os cabezudos foron collendo un baile de cada época que viviron: a muiñeira, a xota, unha especie de rumba, un valse, un pasodobre…, e desenvolven brillantemente os seus pasos.

Estas figuras son unha das notas características fundamentais da festa compostelá, que marcan unha tradición que conquistou e conquista cada ano o público que goza deste espectáculo.

 

E logo, que pensas?