Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Chegou o verán, chegará a calor?

0

Acabamos de estrear estación, chegou o verán, e tamén a calor nestes primeiros días. Hoxe imos aproveitar para facer unhas pequenas aclaracións sobre esta parte do ano: o verán.

É, ou debería ser, a estación máis calorosa (non *calurosa) do ano, á que tamén se lle chama estío. Convén lembrar, ademais, que o substantivo calor en galego ten xénero feminino: a calor (non *o calor). Para todo o relativo ao verán podemos empregar o adxectivo estival, ou dicir do ou de verán (non *veraniego).

Así mesmo, para os días ou espazos en que dá o sol debemos empregar o termo solleiro/a, non *soleado.

E logo, que pensas?