Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Artigos por categorías / Videcedario

Videcedario: que é a maloláctica?

Esta semana no programa A vide de Cachín trouxéronnos un termo novo para o Videcedario: maloláctica, e polo que vemos na rúa, parece que non é unha palabra moi coñecida: “Non teño nin idea”, “algo sobre o leite”, “de lácteos malos”, “non me soa para nada”, “da Vía Láctea ou así”, “é a primeira vez […]

0

Videcedario: que é un gabián?

Unha semana máis, o programa ‘A vide de Cachín‘ achéganos unha nova entrada para o Videcedario. Nesta ocasión faláronnos dos gabiáns das vides e, coma sempre, na rúa hai diferenza de opinións: “Algo de comer”, “un paxaro”, “traballar a terra arredor da vide”, “unha ave”, “unha vimbia para atar as cepas”, “unha gabia é unha […]

0

Videcedario: que é unha rolla?

Unha semana máis, o programa A vide de Cachín ofréceneos unha nova entrega do Videcedario. Neste caso imos descubrir que é unha rolla, e, unha vez máis, hai división de opinións sobre o significado desta palabra: “Descoñezo o que significa”, “non me soa”, “algo relacionado coa labranza”, “é unha enfermidade que vén na folla”, “un […]

0

Videcedario: que son os taninos?

Nova entrega do videcedario do programa A vide de Cachín. Nesta ocasión preguntan na rúa que son os taninos, e coma sempre respostas de todo tipo: “substancias que lle dan sabor ao viño”, “non teño nin remota idea”, “podemos buscalo na internet?”, “o sétimo de cabalería… taninoninonino“… Pero nada máis lonxe da realidade. Os taninos son […]

0

Videcedario: que é o bagazo?

Na segunda entrada do Videcedario do programa “A vide de Cachín” temos nova palabra para aprender. Que é o bagazo? E moitas foron as respostas: “Non teño nin idea”, “algo do millo”, “de onde sae o viño”, “unha cunca de viño”, “que cheira a mar”, “o resto da uva que se utiliza para a augardente”. […]

0

Videcedario: que é un bago?

Onte comezou a súa andaina na Televisión de Galicia o programa “A vide de Cachín” e xa empezaron a ilustrarnos con novas palabras. Sabedes o que significa “bago”, con “b”? Había opinións para todos os gustos: “unha persoa preguiceira”, “nin idea”, “un anaco de madeira”, “unha peza dun coche”, etc. A solución: unha uva considerada […]

0