Chegadas estas datas, hoxe imos comentar un dos termos que máis se oe estes días: *navideño. Na nosa lingua esta é unha palabra incorrecta, xa que é unha forma castelá derivada de *Navidad. En galego, debemos empregar é Nadal e, respecto aos seus derivados, temos a frase preposicional de ou do Nadal e o cultismo […]
Artigos por categorías / Un galego máis noso
Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘backup’
Cando falamos de informática e novas tecnoloxías é moi frecuente empregar e escoitar o termo inglés backup, que é a copia dos datos que se fai para poder recuperalos en caso de perda da información do equipo. En galego podemos evitar o uso deste estranxeirismo dicindo, por exemplo, copia de seguridade. Este é un pequeno […]
Outros pequenos pasos para un galego máis noso: ‘descalabro’ e ‘debacle’
Hoxe imos comentar algúns termos que aparecen frecuente e incorrectamente en galego. Vendo noticias e comentarios referidos a eleccións e referendos varios, aparécennos con moita frecuencia estes termos: *descalabro e *debacle, dúas formas que non son correctas na nosa lingua. O termo *descalabro, de orixe castelá, emprégase para designar unha deterioración, perda ou dano moi […]
Un pequeno paso para un galego máis noso: ‘roaming’
No ámbito das telecomunicacións, concretamente na telefonía móbil, atopamos moi frecuentemente o termo ‘roaming’, que designa as recargas nas tarifas que nos cobran as operadoras por recibir ou enviar mensaxes e chamadas desde o estranxeiro. En galego podemos evitar o emprego desta palabra inglesa usando, por exemplo, o termo itinerancia. Este é un pequeno paso […]
Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘disc jockey’
Hoxe imos falar dun estranxeirismo que está moi presente en galego: ‘disc jockey’, que designa a persoa que escolle e pon discos nunha discoteca, nunha radio ou nunha festa. Este termo procede do inglés e aparece abreviado frecuentemente coas iniciais DJ. En galego podemos evitar o emprego desta forma inglesa substituíndoa por picadiscos. Este é […]
Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘streaming’
As novas tecnoloxías traen tamén novos termos ás linguas, palabras que non sempres son sinxelas de traducir ou de adaptar. Hoxe imos falar dunha palabra inglesa que foi entrando no galego da man da informática e de Internet: streaming. Emprégase este termo para designar o feito de escoitar música ou ver vídeos sen necesidade de […]
Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘beca’
Unha palabra moi usada incorrectamente en galego é beca, que designa a axuda económica que lle conceden a unha persoa para estudar, traballar ou viaxar. O termo beca é un castelanismo que debemos evitar usar en galego, substituíndoo polas formas bolsa, axuda ou subvención. Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego máis […]
O nome dos símbolos: & e #
En galego usamos frecuentemente símbolos aos que nomeamos ás veces con formas con formas propias e outras con termos importados. Hoxe imos falar de dous deles: & e #. Como lles chamamos na nosa lingua? O primeiro deles (&) é unha alternativa gráfica da conxunción latina et (o noso e). Ten un uso relativamente frecuente […]
Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘playback’
Playback é un termo inglés que está moi presente en galego para designar a técnica usada en cine, televisión e nos espectáculos en directo que reproduce o son previamente gravado mentres unha persoa simula interpretalo. En galego debemos substituír este termo pola expresión son pregravado. Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego […]
Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘sorpasso’
Durante toda a campaña electoral e hoxe, día de resaca postelectoral, vimos e oímos o termo sorpasso. Esta é unha palabra italiana que se refire á posibilidade de que un partido ou grupo político lle pase por diante a outro nas eleccións. Para evitar este italianismo en galego temos formas como adiantamento ou superación. Este […]