Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Artigos por categorías / Tecnoloxías

Unha saia cun lagarto pintado: A Carolina

Se hai unha peza de roupa coñecida en Galicia, esa é a saia da Carolina, que ten un lagarto pintado. Ademais, cando Carolina baila, o lagarto dálle ao rabo. Estamos a falar dunha das cancións tradicionais máis coñecidas e cantadas, non só en Galicia, senón tamén en Portugal, en Zamora, en León… É A Carolina, […]

0

Camiñando cara a Santiago

Galicia é coñecida polo mundo adiante por moitos motivos, pero un dos máis importantes é, sen dúbida, o Camiño de Santiago. Milleiros de camiñantes percorren  esta ruta, en todas as súas variantes posibles, levados polas motivacións máis diversas. Moitas das persoas que viviron esta experiencia afirman que é única e recomendable e que marcou un […]

0

O grande arquivo da memoria

Recordos, tradicións, costumes, romarías…, imaxes gardadas na memoria, arquivadas  e almacenadas para non deixar perder todo aquilo que forma parte de nós e nos complementa. Pero a memoria, ás veces, non chega a gardar todo aquilo que quereriamos, pero existen arquivos que “aseguran a memoria individual e colectiva e axudan a comprender o pasado, a […]

0

Mobilízate coa CRTVG, súmate a Gcontigo!

Aínda non te sumaches a Gcontigo? Veña, bule!, non agardes máis. Xa o dixeron Roberto Vilar, en Land Rober Tunai Show, e Rodrigo Vázquez, en ‘O país máis grande do mundo’: Gcontigo é a mellor forma de estar informado a cada momento de todo o que acontece, dos deportes, da programación da TVG, do tempo […]

0

Mobilízate con Saborea, mobilízate coa CRTVG, súmate a Gcontigo!

Hoxe estamos de estrea, comeza a funcionar o sistema de mensaxería da CRTVG, Gcontigo. Tes o móbil na man? Aproveita, non esperes máis! Con este sistema de mensaxes podes estar totalmente informado de todo o que che interese: deportes, informativos, o tempo, a programación e tamén de todas as novas entradas deste noso blog. Só […]

0

Pequenos pasos para un galego máis noso

No galego, coma en todas as linguas, hai multitude de estranxeirismos: palabras ou frases estranxeiras que os falantes adoptamos e que, moitas veces, acaban substituíndo as formas propias do idioma. Quen non empregou algunha vez en galego ‘casting’, ‘catering’, ‘ranking’, ‘doping’, ‘puzzle’, ‘disc-jockey’, ‘parking’, ‘link’, ‘light’…? Seguro que todo o mundo nalgún momento as usou, […]

0