Os camiñantes máis coñecidos da TVG, Lucía Pérez e Tonhito de Poi, seguen a súa peregrinación, pasiño a pasiño, ata chegar ao seu destino. En #DestinoStgo non todo vai ser andar, tamén hai tempo para conversar con xente e descubrir que tanto Lucía como Tonhito levan a profesión de cantante moi metida no sangue, xa […]
Artigos por categorías / Sentimentos
Camiñando cara a Santiago
Galicia é coñecida polo mundo adiante por moitos motivos, pero un dos máis importantes é, sen dúbida, o Camiño de Santiago. Milleiros de camiñantes percorren esta ruta, en todas as súas variantes posibles, levados polas motivacións máis diversas. Moitas das persoas que viviron esta experiencia afirman que é única e recomendable e que marcou un […]
Adeus ao padre Isorna, promotor do uso do galego na liturxia
José Isorna, o padre Isorna, foi durante anos a imaxe e a voz da misa na TVG. Este padre franciscano foi promotor do uso do galego na liturxia e estivo sempre comprometido coa galeguización da Igrexa, nuns momentos que non eran bos tempos para o galego. Onte, aos seus 94 anos, apagouse para sempre a […]
Bicos, bicos e máis bicos
Onte viamos en ‘Urxencia cero‘ o que podemos chamar un “bico de película” entre a doutora Montes e o doutor Losada. E de bicos imos falar hoxe. Un bico é unha demostración de afecto, amor, amizade, respecto ou reverencia que se fai tocando algo ou alguén cos labios pechados. Outras palabras galegas sinónimas de ‘bico’ […]
Un galego nos Óscars
Cando dicimos que en todos os sitios hai un/unha galego/a, incluímos tamén os Óscars. É o caso de Nico Casal, un santiagués que compartiu as súas primeiras palabras da emoción de que a gañadora do Óscar á mellor curtametraxe levase a súa música. ‘Stutterer’ levou o Óscar á mellor curtametraxe e Nico foi o responsable da súa banda sonora. […]
Todos somos Rosalía #MobilizaRosalía
Tal día coma hoxe, no ano 1837, nacía unha meniña nunha casa do Camiño Novo, en Santiago de Compostela, filla de nai fidalga e solteira. Esa nena era Rosalía de Castro, que, paseniñamente, chegaría a ser unha das figuras máis senlleiras da literatura galega. Canto tocaron as campás de Bastavales!, cantos adeus a ríos e […]
O galego tamén emigra
O galego non entende de fronteiras, chega a onde o queiran levar, na boca de quen o leva consigo. Iso foi o que fixeron os homes e mulleres galegos/as que emigraron a Cuba: levaron a súa lingua con eles, defendérona e usárona, sen permitir que se fosen esquecendo dela. O galego, ademais doutras cousas (coma […]
A miña lingua materna é o galego
Hoxe, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna. A denominada “lingua materna” é o primeiro idioma que aprende unha persoa, aquel que lle transmiten os pais, adquirido de forma natural e o que se coñece mellor, aínda que posteriormente se adquiran outros. A etapa infantil é un momento decisivo na aprendizaxe, polo […]
Eses tópicos tan típicos
Indecisos/as, retranqueiros/as, desconfiados/as, morriñentos/as… Son moitas as cualidades que dende fóra de Galicia nos atribúen aos/ás galegos/as, mais a nosa percepción non sempre concorda coa dos/as foráneos/as. Subimos ou baixamos?, pois para nós está ben claro… depende! Hai que fixarse ben, hai veces que subimos e outras que baixamos, coma todo o mundo. En xeral, […]
O mar está revolto
O certo é que estes días o tempo non está para botarse á rúa, e moito menos ao mar. Que se alerta amarella, que se laranxa, que se vermella… A cousa non está para achegarse ás praias e contemplar as ondas, xa que a beleza da paisaxe non compensará o risco que corremos. Ao longo […]