Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Artigos por categorías / Sen categorizar

Alalá, o valor da música tradicional

Se hai un emblema da música tradicional na TVG, ese é o Alalá. Neste mes de febreiro fixo dez anos da primeira emisión do programa, e, por ese motivo, recuperáronse e ampliáronse contidos que se recollen en alala.crtvg.es. Está claro que a música é un piar fundamental da nosa cultura, transmisora de sabedoría, de tradicións, […]

0

Videcedario: que é un refractómetro?

Unha semana máis, o programa A vide de Cachín ofrécenos unha entrega máis do seu Videcedario. A palabra desta semana é refractómetro, e parece que o seu significado non está moi claro na rúa: “É algo que reflicte a luz”, “unha máquina de dar sulfato”, “un útil para medir algo”, “algo que mide a refracción […]

0

E ti, de que signo vés sendo?

Es do/as que cre no horóscopo? Creas ou non, hoxe imos falar do zodíaco, por iso che preguntabamos de que signo es. O zodíaco é un diagrama circular que usan os astrólogos e que lles facilita o cálculo das influencias dos planetas e das estrelas na vida das persoas. As divisións do zodíaco chámanse signos, […]

0

O ‘Luar’ da TVG, o mellor medicamento para a morriña

Unha vez máis, no Saborea temos que falar da morriña, neste caso da que senten os galegos que están na Arxentina. Cando se está fóra de Galicia, todas as novas que nos chegan da terra parecen poucas e séntese a necesidade de ser partícipe e de estar informado de todo o que sucede aquí. Pois […]

4

Videcedario: que é unha pipa?

Unha semana máis, o programa A vide de Cachín tráenos unha nova entrada do Videcedario. Esta semana tocou comentar a palabra pipa, e, coma sempre, houbo diverxencia de opinións en canto ao seu significado: a pipa de fumar, un aparato de fumar, unha planta, etc. Unha pipa é un recipiente de madeira destinado a conter líquidos, […]

0

Poñede os abrigos, arrefriou o tempo

Onte falabamos da chuvia, do vento e do estado do mar, pero hoxe xa hai unhas raiolas de sol, que viñeron acompañadas de frío, así que imos abrigarnos e falar un pouco da friaxe. Cando hai un descenso das temperaturas e a chuvia se conxela fai acto de presenza a sarabia, que tamén recibe os […]

0

13 de febreiro, Día Mundial da Radio

Hoxe celébrase o Día Mundial da Radio, polo que aproveitamos este blog para felicitar toda a xente que traballa, colabora e fai posible, sexa do xeito que sexa, este medio. Como é ben sabido, os medios de comunicación desempeñan un papel fundamental na normalización dun idioma. No caso de Galicia, escasea a oferta en lingua […]

0

Videcedario: que é unha rolla?

Unha semana máis, o programa A vide de Cachín ofréceneos unha nova entrega do Videcedario. Neste caso imos descubrir que é unha rolla, e, unha vez máis, hai división de opinións sobre o significado desta palabra: “Descoñezo o que significa”, “non me soa”, “algo relacionado coa labranza”, “é unha enfermidade que vén na folla”, “un […]

0

Videcedario: que é un socalco?

Esta semana no Videcedario do programa ‘A vide de Cachín’ faláronnos dos socalcos. Ben, antes de nada, sabedes que é un socalco?, coma sempre, temos opinións para todos os gustos: “algo de enfermidade do ril”, “unha barrica”, “un insulto”, “egoísta”, “saltar un valado”, “papel de calco”, “esas palabras non as coñezo de nada”, “chanzos que […]

0

Chíos, cancelos e outras cousas de Internet

A lingua está viva, en continuo cambio e evolución, por iso van aparecendo termos aos que hai que ir facéndolles un oco e adaptándoos á realidade do noso idioma. No caso das novas tecnoloxías, redes sociais, Internet… é tan ampla e tan nova a linguaxe que se emprega que non sempre é doado atopar unha […]

0
Páxinas:123