Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Artigos por categorías / Sen categorizar

Máis palabras galegas que “quedan ben”

Como xa dixemos noutras ocasións, en galego hai moitas palabras e expresións que se empregan erroneamente inconscientemente, incluso crendo, ás veces, que se lle está dando un uso máis culto á lingua por introducir eses termos. Seguindo co repaso de palabras que se usan mal frecuentemente, hoxe imos comentar o termo perante, que debe empregarse […]

0

Cando falar galego é un orgullo

Dá gusto atopar persoas que coma Sergio Álvarez, porteiro do Celta, senten e amosan o orgullo de falar galego. No programa En xogo, na segunda canle da TVG, en Twitter felicitaban a Sergio Álvarez pola súa corrección ao expresarse en galego e por coidar a nosa lingua. Esta felicitación, cremos que totalmente merecida, fixo que o […]

0

Un pequeno paso máis para un galego máis noso: ‘parking’

O uso en galego da palabra ‘parking’ para referirnos ao espazo onde aparcamos os coches está moi estendido. É moi frecuente escoitar e empregar este termos, aínda que en galego temos formas propias para este anglicismo, como son aparcadoiro ou estacionamento. Coma sempre, evitando o anglicismo e empregando formas propias conseguimos unha lingua máis pura. […]

0

A Mesa pola Normalización Lingüística está de aniversario

No mes de abril de 1986, un grupo de asociacións convocaron o ‘Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística’, ao que asistiron arredor de 500 persoas. Nel acórdase a creación dunha mesa permanente que se encargue de poñer en práctica as conclusións tiradas desta reunión. Así nacía, hai xa 30 anos, a Mesa pola […]

0

Videcedario: que é un neto?

Unha semana máis, A vide de Cachín tráenos unha entrada nova para o Videcedario. Hoxe fálannos do neto e na rúa parece que é unha palabra moi coñecida, aínda que non co significado polo que pregunta o programa: “Neto de avó, “o fillo da miña filla”, “un fillo da fillo”, “o que queda do resultado […]

0

Mirando cara ás orixes (1)

Como é ben sabido, o galego é unha lingua romance (neolatina ou románica) , é dicir, derivada do latín, e como mostra diso, hoxe en día seguen presentes moitas locucións e expresións latinas que se empregan, en maior ou menor medida, en galego. Chamámoslles latinismos aos vocábulos ou modos de falar propios do latín empregados […]

0

Videcedario: que son as lías?

Unha semana máis, o programa A vide de Cachín tráenos e coméntanos unha palabra nova. Desta vez tocoulle a lías e na rúa parece que non tiñan moi claro o seu significado: “Nin idea”, “algo para learse”, “algo vexetal”, “unha especie de plantas que se enrolan unhas nas outras”, “estou totalmente perdido, non sei…”, “son […]

0

Videcedario: que é a borra?

Unha semana máis, A vide de Cachín tráenos unha palabra nova para engadir ao Videcedario. Hoxe imos falar da borra e, coma sempre, na rúa coméntannos o seu posible significado: “A min a borra sóame a goma de borrar”, “o que queda do café”, “para borrar algo”, “as sobras cando xa está feito o café”, […]

0

Non debes perder

Na entrada Era tempo de fiar falabamos do liño e incluso vimos como Sara cantaba mestras fiaba. Con este traballo iniaciábase o proceso que daría lugar a pezas de roupa únicas. Desde Vivea.gal queremos recomendar a visita á exposición “Con-fío en Galicia“, que é unha homenaxe ao universo creativo da moda galega. Non a podes perder!

0

Videcedario: que é un cangallo?

Unha semana máis, temos unha nova entrada no Videcedario do programa A vide de Cachín. Esta semana faláronnos do cangallo, e na rúa comprobamos que hai respostas para todos os gustos ao preguntar polo seu significado: “Algo que estorba”, “unha porquería”, “unha persoa moi grande”, “un acio de uvas”, “un pescado”, “unha persoa mal feita”, […]

0
Páxinas:123