Na entrada anterior comentabamos algunhas curiosidades, coincidencias e diferenzas entre o galego e o portugués. Hoxe, unha vez máis, e grazas á ‘Morangos con açúcar’, imos seguir falando sobre algúns aspectos destas dúas linguas. Comezaremos por sinalar, como ben indican Carlos Amado e Natalia Novoa, que existen diferenzas entre o portugués europeo e o do […]
Artigos por categorías / Sen categorizar
Morangos com açúcar: a dozura das linguas
Quen di morango di amorodo; quen di açúcar di azucre… e entendémonos! A unión entre o galego e o portugués é incuestionable, por iso, a TVG, na súa segunda canle, aposta pola emisión dunha telenovela con este doce nome: ‘Morangos com açúcar‘, que nos achegará un pouco máis a esta lingua veciña. Esta ficción é […]
Son Goku e Shin Chan, embaixadores dos Xogos Olímpicos de Toquio
Seguramente, se preguntamos nas rúas cales son os personaxes de debuxos animados máis coñecidos da Televisión de Galicia, dentro das repostas non poderán faltar nin Son Goku nin Shin Chan, que se emiten pola segunda canle dentro do Xabarín Club. Pois ben, ademais de poder velos e seguilos por televisión, van ser tamén embaixadores dos […]
Queremos que a rapazada teña recursos para aprender en galego
Segundo a Real Academia Galega, os primeiros anos dos/as meniños/as son cruciais para a transmisión do idioma. Moitas familias que lles falan aos pequechos e pequechas en galego vén que cando comezan a iren á escola volven para a casa falando castelán. É o momento en que se rompe o círculo familiar e empeza a […]
Máis expresións galegas que “quedan ben”
Hoxe imos seguir falando de expresións galegas que teñen un uso frecuente, e non sempre correcto, e comentando un pouco o seu significado e o seu emprego axeitado. Nesta ocasión imos achegarnos ao amplo e curioso mundo dos insultos ou adxectivos descualificativos, que tamén están moi presentes na nosa lingua, para ir vendo a variedade […]
A sabedoría popular (9): refráns do mes de setembro
Comezamos setembro, un mes que para moitos representa o remate das vacacións e para outros o comezo delas. Seguimos con espírito de verán, con festas en moitos lugares. Comezan os labores de vendima, unha tarefa propia destas datas. Coma sempre, a fraseoloxía popular amósanos os costumes, as tarefas do campo e incluso o tempo propio […]
O Día de Galicia
Hoxe, 25 de xullo, celebramos o Día de Galicia, a festa da nosa comunidade. As súas orixes veñen do ano 1919, cando a asemblea das Irmandades da Fala, reunida en Santiago, acordou celebrar cada 25 de xullo o Día de Galicia, sendo tamén a festa do Apóstolo. Así mesmo, tal día coma hoxe, alá polo […]
O himno galego en lingua de signos
O himno galego, que une harmoniosamente o poema Os pinos de Eduardo Pondal cunha composición de Pascual Veiga, chegou en lingua de signos aos nenos do colexio Xunqueira 1, en Pontevedra. Co gallo do Día Nacional da Lingua de Signos, estes rapaces e rapazas aprenderon o noso himno en lingua de signos, impulsados pola Organización […]
Outro pequeno paso máis para un galego máis noso: ‘stand’
Aproveitando o comezo da Semana Verde de Silleda, hoxe imos comentar un anglicismo moi asentado na nosa lingua: stand, que vén da forma to stand, ‘estar de pé’. Empregamos este termo para referírmonos a unha instalación dentro dunha feira, mercado ou similar, en que se venden produtos. En galego podemos evitar o estranxeirismo usando palabras […]
A conta da CRTVG faise coa segunda edición do premio 2016
Twitter en galego: “Este ano a conta oficial da Corporación Radio e Televisión de Galicia fíxose co premio que entrega esta iniciativa todos os anos a unha conta de Twitter que promova e faga un bo uso da lingua galega nesta rede.”