Achégase a noite máxica por excelencia, o momento do ano en que tradicións, supersticións e costumes se unen co encanto, coa festa, co lume… Estamos ante a noite máis curta do ano, a do solsticio de verán, que se vive moi intensamente en toda Galicia. Chámaselle a noite de san Xoán, a das meigas, a […]
Artigos por categorías / Festas
Tempo de festa, tempo de Entroido
Estamos xa metidos de cheo nunha das festas máis tradicionais de Galicia, o Entroido. Son días de moita troula, de moita comida e de moita alegría. Espalladas por todo o territorio galego, son múltiples as opcións de entretemento que atopamos, tanto gastronómicas como festivas. Sen lugar a dúbidas, un dos puntos de Galicia onde máis […]
Noite de Samaín
Esta noite celebrarase en moitos sitios de Galicia o Samaín, unha festividade de orixe celta coa que, na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, se celebraba a fin da temporada de colleitas e coa que comezaba o que chamaban a ‘estación escura’. Durante este día, os pobos celtas crían que se diluía […]
O espectáculo dos fogos do Apóstolo
Cando chegan estas datas, véspera do Día de Galicia, unha das celebracións máis coñecidas é a dos fogos do Apóstolo, en Santiago de Compostela. Este espectáculo pirotécnico, de luces e de son xunta na cidade milleiros de persoas para gozar del. Os fogos artificiais, ou fogos de artificio, iluminan a zona vella compostelá, sobre todo […]
Lume de san Xoán, para que non me morda nin cadela nin can
Chegou a noite das meigas, a de san Xoán, onde non pode faltar unha boa fogueira, que se saltará cumprindo coa tradición. As cacharelas, cacheiras, cachelas, fogueiras, laradas, lumaradas, luminarias… son o símbolo por excelencia desta noite máxica. Este serán comezarán a acenderse espalladas por toda Galicia multitude de cacharelas arredor das que estarán milleiros […]
En san Xoán, meigas e bruxas fuxirán
Seguimos falando de tradicións da noite máis máxica do ano. Hoxe é a quenda das herbas de san Xoán, un costume herdado das celebracións pagás do solsticio de verán. A tradición manda na noite máis feiticeira para os/as galegos/as, e un dos ritos que aínda se conserva en moitas casas é o que se denomina […]
Polo san Xoán a sardiña molla o pan
Empezamos a semana cos preparativos para a noite máxica por excelencia en Galicia, a noite de san Xoán, e hoxe imos falar dun elemento fundamental para esta celebración: a sardiña. Parece que non vai abundar nestes días, pero seguro que non hai cacharela en Galicia onde non haxa algo deste peixe. As sardiñadas son un […]
Como manda a tradición, saen os cabezudos pola Ascensión
Hoxe é festa en Compostela, celébrase a Ascensión. Como manda a tradición, dende hai décadas, un día coma hoxe saen os cabezudos pola zona vella compostelá. No programa Alalá contábannos a orixe e os detalles desta tradición. Cando os cabezudos saen á rúa comeza un espectáculo que abraia os asistentes, que chegan a crer que […]
Aí vén o maio
Case sen decatarnos, chegou maio, e con el unha das celebracións galegas máis senlleiras, que levan ese mesmo nome: os maios. Con eles celebramos que rematou o inverno e que chegou a primavera. Esta é unha festa de orixe celta que está moi arraigada en Galicia, sobre todo en Pontevedra e Ourense. Ademais, está declarada […]
Regueifando con Alalá
No programa Alalá non deixan de descubrirnos e ensinarnos cousas. Neste caso fálannos da regueifa e cóntannos detalles descoñecidos para moita xente. Cando falamos de regueifa pensamos na disputa dialéctica improvisada e en verso entre dúas ou máis persoas sobre un tema. O que non todo o mundo sabe é que a regueifa é, especialmente, a […]