Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Artigos por categorías / Día de…

Vigo retorna ao século XIX

Tal día coma hoxe, un 28 de marzo, alá polo ano 1809, Vigo convertíase na primeira cidade europea que, nun alzamento popular, conseguía botar o exército de Napoleón dun lugar conquistado. Como recompensa, un ano despois, Fernando VII outorgoulle o título de cidade “fiel, leal e valorosa”. Agora, ano tras ano, o barrio histórico de […]

0

Día Mundial da Poesía‬

A Eduardo Blanco Amor, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Curros Enríquez, Luís Seoane, Rosalía de Castro, Manuel María e tantos outros… Grazas!  ‪#‎DíaMundialdaPoesía‬

0

Hoxe non é un día calquera… hoxe é o Día do Pai

Non, hoxe non é un día calquera, hoxe é o Día do Pai. Pa, papi, papá, pai, padre, mi padre… todas son formas para referirnos a unha das persoas máis importantes das nosas vidas: noso pai. Hoxe celébrase o Día do Pai e por ese motivo, ademais de felicitalos a todos eles, imos falar precisamente […]

0

A afouteza da muller galega

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, conmemórase a loita da muller pola igualdade co home, en todos os ámbitos e aspectos vitais e sociais. Este é un día de reivindicacións, de peticións, de ansias de igualdade e de recoñecemento, pero isto non debe quedar só no 8 de marzo, senón que debe facerse […]

0

Todos somos Rosalía #MobilizaRosalía

Tal día coma hoxe, no ano 1837, nacía unha meniña nunha casa do Camiño Novo, en Santiago de Compostela, filla de nai fidalga e solteira. Esa nena era Rosalía de Castro, que, paseniñamente, chegaría a ser unha das figuras máis senlleiras da literatura galega. Canto tocaron as campás de Bastavales!, cantos adeus a ríos e […]

0

A miña lingua materna é o galego

Hoxe, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna.  A denominada “lingua materna” é o primeiro idioma que aprende unha persoa, aquel que lle transmiten os pais, adquirido de forma natural e o que se coñece mellor, aínda que posteriormente se adquiran outros. A etapa infantil é un momento decisivo na aprendizaxe, polo […]

0

Día de San Valentín, Día dos Namorados

Lingua doce, agarimosa, feiticeira, namoradora, conquistadora, afagadora… Hoxe é 14 de febreiro, Día dos Namorados ou Día de San Valentín, e dende Saborea a lingua mandámosvos mecos, agarimos e apertas a todos/as, esteades namorados/as ou non. Hai mellor lingua para transmitir os sentimentos que o galego? Non, claro que non! Namorade e namorádevos en galego; […]

0

Protexidos por san Francisco…

…de Sales. Celebrámolo hoxe 24 de xaneiro, é patrón, padroeiro ou avogado de xornalistas e comunicadores. E nós, contamos, narramos e relatamos non só en prensa, radio ou televisión. Os medios dixitais e as redes sociais levan a dianteira. Un adiantado á actualidade e que viviu entre os séculos XVI e XVII sería Francisco de Sales, […]

0
Páxinas:12