Hoxe, 2 de febreiro, é o día da Candeloria, unha data sinalada tradicional e culturalmente en Galicia, xa que simboliza a festa da luz e tamén o día do amor. Orixinariamente, era unha celebración pagá, relacionada coa fertilidade e cos ciclos estacionais, que sinalaba a proximidade da chegada da primavera e o renacer da natureza […]
Artigos por categorías / Día de…
Día de homenaxe ás mulleres rurais
Hoxe celebramos o Día Internacional das Mulleres Rurais, unha homenaxe promovida pola ONU que quere destacar a contribución das mulleres ao desenvolvemento do medio rural. En Galicia, o papel da muller nos labores agrícolas e gandeiros foi e é, se cabe, aínda máis destable. Traballadoras incansables, loitadoras, responsables ou corresponsables de moitas explotacións… e tamén, […]
Entre san Miguel e san Martiño
Cambiamos de estación, o verán quedou atrás, aínda que seguimos notando as súas últimas rabexadas. O outono comezou suave, agradable, e estes días gozamos do coñecido popularmente como verán de san Miguel, pola celebración desta festividade hoxe, 29 de setembro. Esta prolongación do verán deixará paso en breve ao outono, pero aínda nos queda outra […]
Seguimos de festa: Día do Traxe Galego
En Santiago seguen de festa. Despois do día grande do Apóstolo, hoxe dedican o día á nosa vestimenta tradicional. Non hai mellor ocasión para que saian á rúa dengues, mantóns, faldras, calzas, panos , cofias, polainas, almillas… Hoxe celebran en Santiago o Día do Traxe Galego, un día de lembranza da nosa vestimenta tradicional. En […]
Quen che dixo a ti que a flor do toxo…
En moitas vilas galegas andan estes días moi atarefados coa elaboración das alfombras do Corpus Christi, unha tradición que se repite ano tras ano en lugares como Ponteareas, Bueu ou Redondela. De feito, as de Ponteareas teñen o recoñecemento de Interese Turístico Internacional. Esperando que a chuvia dea unha tregua, imos facer un repaso a […]
Cen anos das Irmandades
Corría o ano 1916 cando, un día coma hoxe, o 18 de maio, se celebraba no local da Real Academia Galega da Coruña unha xuntanza, convocada por Antón Vilar Ponte, en que persoeiros galegos da época, como Manuel Lugrís Freire ou Uxío Carré Aldao, acordaban a creación da Irmandade dos Amigos da Fala, para dignificar, […]
Miña nai, miña naiciña…
Nai, madre, mi madre, mamá, mami, mai, ma… Todas as palabras son poucas para referirnos á persoa que nos deu a vida. Como di esta copla galega, coma nosa nai non hai ningunha! “Miña nai, miña naiciña, como a miña non hai ningunha, que me quentaba a cariña co calorciño da súa” Hoxe celebramos o […]
Manuel María para nenos e nenas
Xa temos moi cerca o Día das Letras Galegas e dende Saborea queremos ir achegándonos un pouco máis á figura do poeta homenaxeado este ano, Manuel María. E que mellor maneira de facelo que empezando polos/as máis pequenos/as! Dous coñecidos artistas galegos, Uxía e Magín Blanco, propuxéronse que os versos de Manuel María cheguen a […]
Un libro, unha aprendizaxe
Imaxinades como seriades vós mesmos se nunca lerades un libro? Cambiaría algo a vosa forma de ver a vida? Un libro é unha porta de entrada a un universo descoñecido, sorprendente, marabilloso…, un mundo paralelo que nos absorbe e que muda cousas en nós. Cada persoa vai escribindo pouco a pouco o libro da súa […]
Castelao, protagonista no Día das Artes Galegas
Hoxe é 1 de abril, Día das Artes Galegas. O ano pasado, a Real Academia Galega de Belas Artes establecía esta data para homenaxear as artes galegas. Nesa primeira cita a figura destacada foi o Mestre Mateo e este ano, na súa segunda convocatoria, o homenaxeado é Castelao. Alguén imaxina unha Galicia sen Castelao? Teórico […]