Estes días un dos temas dos que máis se fala nos deportes é o do paso por Galicia da Volta Ciclista a España. Por ese motivo, hoxe imos dedicar esta entrada de Saborea a lingua a comentar algúns dos termos relacionados co ciclismo. Coma todos os deportes, o ciclismo ten unha linguaxe específica que empregan […]
Artigos por categorías / Deportes
Recoñecemento a un deportista e a un deporte: o tríatlon
Hoxe imos falar un pouco de deporte, pero antes queremos darlle os nosos parabéns a Javier Gómez Noya, o triatleta galego ao que acaba de serlle concedido o Premio Princesa de Asturias dos Deportes. Aproveitando este galardón, imos lembrar que en galego o deporte que practica Gómez Noya chámase tríatlon, non *triatlón nin *tríathlon. É […]
Un paso máis para un galego máis noso: ‘doping’
Hoxe damos un pasiño máis para conseguir un galego máis noso, imos falar do termo inglés ‘doping’ e do seu equivalente en galego: dopaxe. No mundo deportivo este é un termo de uso moi frecuente, igual que o seu verbo correspondente: dopar. Empregamos este verbo co significado de ‘administrar a [unha persoa ou animal] unha […]
Pechacancelas, caneos, desquites e outras cousas do deporte
A linguaxe deportiva é un campo moi amplo e cheo de matices en todos os idiomas, e en galego tamén, evidentemente. Cando oímos ou lemos as noticias de deportes en galego sáennos palabras como ‘apupo’, ‘xergo’, ‘desquite’, ‘pechacancelas’… e outras moitas que, ás veces, espertan a nosa curiosidade. Por iso, hoxe imos facer un pequeno […]
De rebaixas e facendo contas
Vai por ti, Salva! Alá onde queira que esteas e desde onde nos vixías sei que che debemos xerar algunha que outra dor de estómago. Explícome; como sabemos, non hai perda máis cruel de puntos ou dun partido que sexa no tempo engadido, si, ese que aumentan os colexiados por perdelo durante os noventa minutos. […]