Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Artigos por categorías / Deporte

Undécima, décimo primeira e oncena

Esta fin de semana celebrouse un encontro futbolístico moi importante, a final da Liga de Campións, que enfrontaba o Real Madrid e o Atlético de Madrid. Gañou o primeiro deles e fíxose coa súa undécima copa. En galego, para expresar este numeral podemos empregar ademais as formas décimo primeira e oncena. Así mesmo, empregamos a […]

0

Derbis, clásicos e outras cousas do fútbol

Esta fin de semana preséntase emocionante para o mundo do deporte. Por unha banda, temos o derbi galego, Celta-Deportivo. Derbi é a palabra empregada na linguaxe deportiva para designar unha gran competición deportiva e, en especial, o partido de fútbol de máxima rivalidade entre equipos dun mesmo lugar, provincia ou rexión.  En galego debe evitarse […]

0