Hoxe é 1 de abril, Día das Artes Galegas. O ano pasado, a Real Academia Galega de Belas Artes establecía esta data para homenaxear as artes galegas. Nesa primeira cita a figura destacada foi o Mestre Mateo e este ano, na súa segunda convocatoria, o homenaxeado é Castelao.
Alguén imaxina unha Galicia sen Castelao? Teórico da arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante e pintor, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao foi e é, sen ningunha dúbida, unha das figuras máis destacadas do panorama cultural e artístico galego.
E alguén imaxina, tamén, unha Galicia sen arte (e sen artes)? Non, claro que non… Por iso se aproveita este 1 de abril para homenaxear os piares importantes da arte galega e tamén para promover e difundir o legado que estas figuras nos deixaron.
Non, non sería posible unha Galicia sen artes. Gozade do Días das Artes Galegas!
E logo, que pensas?