Dá gusto atopar persoas que coma Sergio Álvarez, porteiro do Celta, senten e amosan o orgullo de falar galego.
No programa En xogo, na segunda canle da TVG, en Twitter felicitaban a Sergio Álvarez pola súa corrección ao expresarse en galego e por coidar a nosa lingua. Esta felicitación, cremos que totalmente merecida, fixo que o xogador mostrase o orgullo que sente polo idioma que fala.
Aquí tedes o #EnXogo da última xornada coa visita de @sergioalv1, do @rccelta_oficial https://t.co/Yp3K0Aj9w5 pic.twitter.com/NB4lOVt0TO
— En Xogo TVG2 (@enxogo_tvg2) 18 de abril de 2016
Sergio Álvarez di que o galego é a lingua que emprega para relacionarse coa súa xente, que na súa casa sempre falou galego e que este é o idioma co que se sente máis cómodo e o que fala máis naturalmente. Sempre que o interlocutor o entenda, o porteiro do Celta falará galego.
Dá gusto oír como Sergio Álvarez verbaliza o que moitos sentimos: que falar galego é motivo de orgullo, non o esquezamos nunca!
E logo, que pensas?