Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fóra

0

Hoxe, 2 de febreiro, é o día da Candeloria, unha data sinalada tradicional e culturalmente en Galicia, xa que simboliza a festa da luz e tamén o día do amor.

Orixinariamente, era unha celebración pagá, relacionada coa fertilidade e cos ciclos estacionais, que sinalaba a proximidade da chegada da primavera e o renacer da natureza despois do inverno. Tradicionalmente dise que son as datas en que casan os paxaros.

Co tempo, este día foi adquirindo un carácter cristián e neste día celébrase nas igrexas a bendición de cadeas, ás que se lles atribúen características para axudar nas treboadas e guiar o camiño das almas.

O día de hoxe, da Candeloria ou de Candeas, aínda que o tempo nos diga o contrario, é símbolo de luz e de amor.

 

E logo, que pensas?