Xa ole a fin de semana, a descanso, a desconexión… Hoxe é venres e as cousas empezan a verse doutra cor, un pouco máis alegre, así que, imos buscar un planazo! Si, liches ben, imos buscar un planazo, con todas as letras!
Todos/as precisamos dun tempo de asueto, de descanso, que normalmente vén marcado pola chegada do venres, cando empezamos a pensar en ideas de lecer para a agardada fin de semana.
Son moitas as posibilidades de ocio que temos, así que só se trata de buscar o divertimento que máis se axuste aos nosos gustos. Que se cine, que se teatro, que se exposicións…, todas son propostas de distracción interesantes. A oferta é moi ampla, polo que igual necesitas axuda para atopar entretemento, e para iso está Vívea, que o sabe todo, todo, todo sobre as propostas de lecer en Galicia. Ti pregunta, que Vívea responde.
Busca un tempo para folgar, para divertirte, para desconectar… Busca as mellores opcións de lecer para ti en Vívea e aprovéitaas. O importante, coma sempre, é pasalo ben.
Apúntante a un planazo, a diversión está garantida!
E logo, que pensas?