Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

As palabras que máis nos gustan

0

No Luar da TVG tamén quixeron celebrar o Día das Letras Galegas e, ademais de lembrar a Manuel María, quixeron saber cales son as palabras que máis nos gustan aos/ás galegos/as. Coa colaboración dos/as convidados/as e coas chamadas dos/as espectadores/as, foron configurando un gran mural cos termos que ían saíndo.

Como é normal, hai para todos os gustos. Houbo quen preferiu palabras cariñosas e afectivas, como ruliña, churriña, amor,e aloumiño. Outros/as preferiron termos menos agarimosos, como pillagaliñas.

O que non podían faltar eran palabras tan arraigadas a nós como son morriña, saudade e aturuxo. Ademais, tamén foron saíndo termos como axóuxere, bolboreta, ronsel, furabolos, fogar, invernía, nai e fada madriña.

Houbo para todos os gustos! O que quedou claro é que en galego temos ben onde escoller!

E logo, que pensas?