Espalladas polo territorio galego atopamos estes días múltiples posibilidades para gozar da Semana Santa.
Dúas localidades galegas, que merecen ser destacadas, conseguiron a distinción de Festa de Interese Turístico Internacional para a súa Semana Santa: Viveiro e Ferrol.
A Semana Santa de Viveiro é unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia, que leva celebrándose cada ano ininterrompidamente desde o século XIII. Foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional no ano 2013.
A Semana Santa de Ferrol recibiu no ano 2014 a distinción de Festa de Interese Turístico Internacional, pero desde o ano 1995 xa estaba considerada Festa de Interese Turístico Nacional.
Pero ademais destes dous puntos estratéxicos, en moitos outros puntos de Galicia hai importantes actos de Semana Santa, coma nas principais cidades: Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Pontevedra.
Noutros lugares galegos tamén se viven intensamente estas datas, como en Fisterra, Cangas ou Paradela.
En Vívea.gal poderedes atopar toda a información sobre multitude de eventos espallados por Galicia para esta Semana Santa, que aínda que son unhas datas cun indiscutible contido relixioso, tamén ofrecen outras moitas cousas. Consultade, escollede e… gozade!
E logo, que pensas?