Comezamos setembro, un mes que para moitos representa o remate das vacacións e para outros o comezo delas. Seguimos con espírito de verán, con festas en moitos lugares. Comezan os labores de vendima, unha tarefa propia destas datas.
Coma sempre, a fraseoloxía popular amósanos os costumes, as tarefas do campo e incluso o tempo propio de setembro:
-A castaña quere en agosto arder e en setembro beber
-A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro
-En agosto secan os montes e en setembro as fontes
-En setembro colle o viño e non durmas no camiño
-En setembro vendima correndo
-En setembro come e vende, mais non sea tanto o vender que non deixes que comer
-En setembro, ou montes arder ou fontes caer
-O que en agosto ou setembro non dá cebada, en San Xoán non fai xornada
-Por san Miguel mete o viño no tonel
-Polo san Miguel sabe o touciño a mel
-Setembro, ou leva as pontes ou seca as fontes
-Temperá é a castaña que por setembro regaña
-San Migueliño das uvas maduras, tarde me vés e pouco me duras
E logo, que pensas?