Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

A sabedoría popular (6): refráns do mes de xuño

0

Cambiamos de mes e entramos nun xuño que comeza solleiro e con temperaturas moi agradables. Este é o mes do solsticio de verán, que dá entrada a unha das estacións máis agardadas do ano. Ademais, xuño tamén nos ofrecerá a noite máis máxica do ano para os galegos e galegas, a do san Xoán. Este santo tamén lle dá nome ao mes, que é coñecido tradicionalmente como o de san Xoán. Ademais, Comeza a época forte de romerías e celebracións, así que, preparémonos para gozar delas.

Coma sempre que estreamos mes, imos facer un pequeno repaso por aqueles ditos e refráns que aluden a costumes, tradicións e labores propios do mes en que estamos.

-A auga de san Xoán leva o viño e tolle o pan

-A sardiña en san Xoán xa molla o pan

-As trampas de san Xoán, por onde veñen van

-Cabalo alazán non o teñas contigo en san Xoán

-Cando san Xoán bebe viño, ponse moi vermelliño

-Coa auga en san Xoán xa se revolve o lobo ao can

-Detrás de maio vén san Xoán

-Con pan ou sen pan, o que non morra vivirá por san Xoán

-En san Xoán, a fouce na man

-En san Xoán, as nove con día dan

-En san Xoán, acéndese a fogueira e canta o can

-Entre san Xoán e san Pedro, cinco días van no medio

-Fogueira de san Xoán, que non pase cadela nin can

-O día de san Xoán, fogueiras ao chan

-Por xuño, onde anda o mozo?, ou está na aberta ou no pozo

-Quen ara no san Xoán, ou está tolo ou non ten pan

 

 

 

E logo, que pensas?