Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

A sabedoría popular (10): refráns do mes de outubro

0

Estreamos outubro, un mes outonal que nos trae un refraneiro moi marcado polas festividades relixiosas e tamén polas tarefas do campo propias destas datas.

O refraneiro popular deste mes márcanos varias datas importantes relacionadas co santoral, como son san Francisco, o día 4; o Pilar, o día 12; san Lucas, o 18, e san Xudas e san Simón, que se celebran o día 28. Dito isto, imos sinalar algúns refráns relativos a este mes.

-Por san Francisco bota o liño mourisco, se o botas en an Simón nin da estopa nin estopón

-Por san Francisco, risco, risco. Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba

-Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar

-Polo san Lucas saben ben as uvas

-Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas

-Polo san Simón, áncoras ao fondón

-Por san Simón cada moneda vale un doblón

-A lúa de outubro, sete cobre, e se chove, nove

-En outubro, a terra esterca e cobre

-Outubro viñateiro, pai de bo xaneiro

-A verdura de San Simón dá para o amo e mais para o ladrón

-As avenidas de San Simón, soadas son

-Na semana de san Lucas, suca, boi, suca

-Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son

-San Simón, se me pillas unha mosca, douche un millón

 

 

E logo, que pensas?