Chegadas estas datas, hoxe imos comentar un dos termos que máis se oe estes días: *navideño. Na nosa lingua esta é unha palabra incorrecta, xa que é unha forma castelá derivada de *Navidad. En galego, debemos empregar é Nadal e, respecto aos seus derivados, temos a frase preposicional de ou do Nadal e o cultismo […]
Arquivo mensual / Decembro 2016
A sabedoría popular (12): refráns do mes de decembro
Culminamos un ano, mes a mes, de repaso de refráns e ditos populares da nosa terra; chegamos a decembro, coa súa celebración por excelencia: o Nadal. Son estas unhas datas de festa, tradicións (como o Apalpador) e, en xeral, felicidade. Decembro tamén ten reservado tamén un día específico para as chanzas e brincadeiras: o 28, […]
‘Rite, rite’ e xoga co galego na Radio Galega
Hai moitas maneiras de falar galego, de aprendelo e de ir descubrindo cousas sobre a nosa lingua. A Radio Galega pónnolo en bandexa, dun xeito moi entretido, dentro do programa Galicia por diante. Queres aprender expresións novas e coñecer os seus significados? Queres xogar a un divertido encrucillado con definicións sobre palabras en galego? Todo […]
Estamos de estrea: App Xabarín TVG
Hoxe en Saborea a lingua imos falar dunha estrea moi especial. A CRTVG ofrece desde hoxe a súa programación para os máis pequenos a través dunha nova aplicación: Xabarín TVG. Esta App está dispoñible para móbiles e tabletas, e desde ela os máis cativos poderán gozar de todas as series de animación en galego do […]