Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Arquivo mensual / Outubro 2016

Noite de Samaín

Esta noite celebrarase en moitos sitios de Galicia o Samaín, unha festividade de orixe celta coa que, na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, se celebraba a fin da temporada de colleitas e coa que comezaba o que chamaban a ‘estación escura’. Durante este día, os pobos celtas crían que se diluía […]

0

Menú de outono

A estación en que estamos, o outono, tráenos unha chea de froitos para degustar, polo que hoxe imos ver o nome correcto en galego deses pequenos tesouros que nos ofrece a natureza e tamén das árbores que os dan. Entre as froitas propia destas datas están a milgranda (á que tamén coñecemos como granada), as […]

0

Pobre incauto/a!

Hoxe imos falar dunha maneira “moi fina” que temos os/as galegos/as de enganar a xente que xeralmente peca de incauta ou inxenua. Mandaches algunha vez alguén aos gazafellos? e aos biosbardos? quizais ás alpabardas? Os tres son nomes de animais irreais, e en Galicia é moi habitual mandar alguén buscar algún destes bechos fantásticos, normalmente […]

0

Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘backup’

Cando falamos de informática e novas tecnoloxías é moi frecuente empregar e escoitar o termo inglés backup, que é a copia dos datos que se fai para poder recuperalos en caso de perda da información do equipo. En galego podemos evitar o uso deste estranxeirismo dicindo, por exemplo, copia de seguridade. Este é un pequeno […]

0

Día de homenaxe ás mulleres rurais

Hoxe celebramos o Día Internacional das Mulleres Rurais, unha homenaxe promovida pola ONU que quere destacar a contribución das mulleres ao desenvolvemento do medio rural. En Galicia, o papel da muller nos labores agrícolas e gandeiros foi e é, se cabe, aínda máis destable. Traballadoras incansables, loitadoras, responsables ou corresponsables de moitas explotacións… e tamén, […]

0

Máis expresións galegas que quedan ben

Hoxe imos seguir falando de expresións galegas que teñen un uso frecuente, e non sempre correcto, e comentando un pouco o seu significado e o seu emprego axeitado. A primeira expresión que imos comentar é a de *custar un riñón, que é incorrecta en galego, xa que parte da palabra *riñón, que na nosa lingua […]

0

Queremos que a rapazada teña recursos para aprender en galego

Segundo a Real Academia Galega, os primeiros anos dos/as meniños/as son cruciais para a transmisión do idioma. Moitas familias que lles falan aos pequechos e pequechas en galego vén que cando comezan a iren á escola volven para a casa falando castelán. É o momento en que se rompe o círculo familiar e empeza a […]

0

Outros pequenos pasos para un galego máis noso: ‘descalabro’ e ‘debacle’

Hoxe imos comentar algúns termos que aparecen frecuente e incorrectamente en galego. Vendo noticias e comentarios referidos a eleccións e referendos varios, aparécennos con moita frecuencia estes termos: *descalabro e *debacle, dúas formas que non son correctas na nosa lingua. O termo *descalabro, de orixe castelá, emprégase para designar unha deterioración, perda ou dano moi […]

0

A sabedoría popular (10): refráns do mes de outubro

Estreamos outubro, un mes outonal que nos trae un refraneiro moi marcado polas festividades relixiosas e tamén polas tarefas do campo propias destas datas. O refraneiro popular deste mes márcanos varias datas importantes relacionadas co santoral, como son san Francisco, o día 4; o Pilar, o día 12; san Lucas, o 18, e san Xudas […]

0