No ámbito das telecomunicacións, concretamente na telefonía móbil, atopamos moi frecuentemente o termo ‘roaming’, que designa as recargas nas tarifas que nos cobran as operadoras por recibir ou enviar mensaxes e chamadas desde o estranxeiro. En galego podemos evitar o emprego desta palabra inglesa usando, por exemplo, o termo itinerancia. Este é un pequeno paso […]
Arquivo mensual / Setembro 2016
Entre san Miguel e san Martiño
Cambiamos de estación, o verán quedou atrás, aínda que seguimos notando as súas últimas rabexadas. O outono comezou suave, agradable, e estes días gozamos do coñecido popularmente como verán de san Miguel, pola celebración desta festividade hoxe, 29 de setembro. Esta prolongación do verán deixará paso en breve ao outono, pero aínda nos queda outra […]
Matando avespas a tiros
Así de primeiras pode parecer un titular raro, que pode remitirnos a ese dito de “matar moscas a canonazos”, mais neste caso o significado é literal: ensaian como desfacerse da avespa asiática a tiros. A vespa velutina é orixinaria da China e tamén recibe o nome de avespa asiática. Hoxe imos aproveitar esta información que […]
Máis expresións galegas que “quedan ben”
Hoxe imos seguir falando de expresións galegas que teñen un uso frecuente, e non sempre correcto, e comentando un pouco o seu significado e o seu emprego axeitado. Nesta ocasión imos achegarnos ao amplo e curioso mundo dos insultos ou adxectivos descualificativos, que tamén están moi presentes na nosa lingua, para ir vendo a variedade […]
A sabedoría popular (9): refráns do mes de setembro
Comezamos setembro, un mes que para moitos representa o remate das vacacións e para outros o comezo delas. Seguimos con espírito de verán, con festas en moitos lugares. Comezan os labores de vendima, unha tarefa propia destas datas. Coma sempre, a fraseoloxía popular amósanos os costumes, as tarefas do campo e incluso o tempo propio […]