Hoxe imos seguir falando de expresións galegas que teñen un uso frecuente, e non sempre correcto, e comentando un pouco o seu significado e o seu emprego axeitado. A primeira delas é *á postre, unha locución adverbial que se emprega co significado de ‘ao último, á fin’. Non é unha forma correcta en galego e […]
Arquivo mensual / Xullo 2016
Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘streaming’
As novas tecnoloxías traen tamén novos termos ás linguas, palabras que non sempres son sinxelas de traducir ou de adaptar. Hoxe imos falar dunha palabra inglesa que foi entrando no galego da man da informática e de Internet: streaming. Emprégase este termo para designar o feito de escoitar música ou ver vídeos sen necesidade de […]
Seguimos de festa: Día do Traxe Galego
En Santiago seguen de festa. Despois do día grande do Apóstolo, hoxe dedican o día á nosa vestimenta tradicional. Non hai mellor ocasión para que saian á rúa dengues, mantóns, faldras, calzas, panos , cofias, polainas, almillas… Hoxe celebran en Santiago o Día do Traxe Galego, un día de lembranza da nosa vestimenta tradicional. En […]
O Día de Galicia
Hoxe, 25 de xullo, celebramos o Día de Galicia, a festa da nosa comunidade. As súas orixes veñen do ano 1919, cando a asemblea das Irmandades da Fala, reunida en Santiago, acordou celebrar cada 25 de xullo o Día de Galicia, sendo tamén a festa do Apóstolo. Así mesmo, tal día coma hoxe, alá polo […]
O espectáculo dos fogos do Apóstolo
Cando chegan estas datas, véspera do Día de Galicia, unha das celebracións máis coñecidas é a dos fogos do Apóstolo, en Santiago de Compostela. Este espectáculo pirotécnico, de luces e de son xunta na cidade milleiros de persoas para gozar del. Os fogos artificiais, ou fogos de artificio, iluminan a zona vella compostelá, sobre todo […]
Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘beca’
Unha palabra moi usada incorrectamente en galego é beca, que designa a axuda económica que lle conceden a unha persoa para estudar, traballar ou viaxar. O termo beca é un castelanismo que debemos evitar usar en galego, substituíndoo polas formas bolsa, axuda ou subvención. Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego máis […]
Pequenas xoias literarias: ‘Platero e mais eu’
Hoxe chegou ás nosas mans unha pequena xoia en forma de libro: ‘Platero e mais eu’, a versión galega, feita por Manuel Beiras, desta coñecida obra de Juan Ramón Jiménez. Este libro, publicado por Edicións do Castro en 1990, ademais de permitirnos gozar desta coñecida historia na nosa lingua, tamén nos ofrece unha particularidade: un […]
O nome dos símbolos: & e #
En galego usamos frecuentemente símbolos aos que nomeamos ás veces con formas con formas propias e outras con termos importados. Hoxe imos falar de dous deles: & e #. Como lles chamamos na nosa lingua? O primeiro deles (&) é unha alternativa gráfica da conxunción latina et (o noso e). Ten un uso relativamente frecuente […]
Máis expresións galegas que “quedan ben”
Hoxe imos seguir falando de expresións galegas que teñen un uso frecuente (non sempre correcto) e comentando un pouco o seu significado. A primeira delas é *a grandes rasgos, que debemos substituír por formas galegas como a grandes liñas ou con poucas palabras. A seguinte expresión da que imos falar é *a cal e canto, […]
Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘playback’
Playback é un termo inglés que está moi presente en galego para designar a técnica usada en cine, televisión e nos espectáculos en directo que reproduce o son previamente gravado mentres unha persoa simula interpretalo. En galego debemos substituír este termo pola expresión son pregravado. Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego […]