Aproveitando o comezo da Semana Verde de Silleda, hoxe imos comentar un anglicismo moi asentado na nosa lingua: stand, que vén da forma to stand, ‘estar de pé’. Empregamos este termo para referírmonos a unha instalación dentro dunha feira, mercado ou similar, en que se venden produtos. En galego podemos evitar o estranxeirismo usando palabras […]
Arquivo mensual / Xuño 2016
O grande arquivo da memoria
Recordos, tradicións, costumes, romarías…, imaxes gardadas na memoria, arquivadas e almacenadas para non deixar perder todo aquilo que forma parte de nós e nos complementa. Pero a memoria, ás veces, non chega a gardar todo aquilo que quereriamos, pero existen arquivos que “aseguran a memoria individual e colectiva e axudan a comprender o pasado, a […]
Recoñecemento a un deportista e a un deporte: o tríatlon
Hoxe imos falar un pouco de deporte, pero antes queremos darlle os nosos parabéns a Javier Gómez Noya, o triatleta galego ao que acaba de serlle concedido o Premio Princesa de Asturias dos Deportes. Aproveitando este galardón, imos lembrar que en galego o deporte que practica Gómez Noya chámase tríatlon, non *triatlón nin *tríathlon. É […]
Posar e pousar en galego
Hoxe, aproveitando que máis de 6.000 persoas posaron espidas en Bogotá, imos comentar un erro frecuente en galego: a confusión entre as formas posar e pousar nalgunha das súas acepcións. No noso idioma, o verbo posar é correcto co significado de ‘permanecer durante certo tempo nunha postura determinada para ser representado nunha fotografía, pintura ou […]
Máis expresións galegas que “quedan ben”
Hoxe imos seguir falando de expresións galegas que teñen un uso frecuente e que non sempre se empregan axeitadamente. A primeira delas é ao chou, que se emprega para designar algo que se fai sen un plan establecido (ao azar) ou sen reflexionar (á toa ou ás toas). Outra das expresións é a baluto (de […]
Quino, quino…!
Hoxe imos achegarnos un pouco ao mundo animal e falaremos do porco, máis concretamente desta porca. E estaredes pensando que ten que ver “o touciño coa velocidade”, é dicir, que ten que ver o porco coa lingua… pois algo ten! Como lle chamas ti a este animal? E ás súas crías? En galego hai multitude […]
A sabedoría popular (6): refráns do mes de xuño
Cambiamos de mes e entramos nun xuño que comeza solleiro e con temperaturas moi agradables. Este é o mes do solsticio de verán, que dá entrada a unha das estacións máis agardadas do ano. Ademais, xuño tamén nos ofrecerá a noite máis máxica do ano para os galegos e galegas, a do san Xoán. Este […]
Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘match’
En galego, no ámbito deportivo, é frecuente o uso do termo match, un aglicismo que se emprega para denominar unha competición organizada, sobre todo no boxeo e no tenis. Na nosa lingua podemos evitar o emprego desta palabra substituíndoa por formas como partido, encontro, competición ou combate. Este é outro pequeno paso máis para acadar […]