Hoxe imos seguir falando de expresións galegas que teñen un uso frecuente, que non sempre é correcto, e comentando un pouco o seu significado. A primeira delas é a cachapernas. Empregamos esta locución adverbial co significado de ‘montado ou sentado sobre algo ou alguén cunha perna para cada lado’. Tamén podemos empregar as formas a […]
Arquivo mensual / Xuño 2016
Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘sorpasso’
Durante toda a campaña electoral e hoxe, día de resaca postelectoral, vimos e oímos o termo sorpasso. Esta é unha palabra italiana que se refire á posibilidade de que un partido ou grupo político lle pase por diante a outro nas eleccións. Para evitar este italianismo en galego temos formas como adiantamento ou superación. Este […]
Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘sponsor’
Hoxe imos comentar o anglicismo sponsor, que se emprega frecuentemente en galego para referirse á persoa ou entidade que corre cos gastos dun equipo deportivo conseguindo a cambio publicidade. En galego podemos evitar este estranxeirismo empregando o termo patrocinador. Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego máis noso.
Lume de san Xoán, para que non me morda nin cadela nin can
Chegou a noite das meigas, a de san Xoán, onde non pode faltar unha boa fogueira, que se saltará cumprindo coa tradición. As cacharelas, cacheiras, cachelas, fogueiras, laradas, lumaradas, luminarias… son o símbolo por excelencia desta noite máxica. Este serán comezarán a acenderse espalladas por toda Galicia multitude de cacharelas arredor das que estarán milleiros […]
Chegou o verán, chegará a calor?
Acabamos de estrear estación, chegou o verán, e tamén a calor nestes primeiros días. Hoxe imos aproveitar para facer unhas pequenas aclaracións sobre esta parte do ano: o verán. É, ou debería ser, a estación máis calorosa (non *calurosa) do ano, á que tamén se lle chama estío. Convén lembrar, ademais, que o substantivo calor […]
En san Xoán, meigas e bruxas fuxirán
Seguimos falando de tradicións da noite máis máxica do ano. Hoxe é a quenda das herbas de san Xoán, un costume herdado das celebracións pagás do solsticio de verán. A tradición manda na noite máis feiticeira para os/as galegos/as, e un dos ritos que aínda se conserva en moitas casas é o que se denomina […]
Polo san Xoán a sardiña molla o pan
Empezamos a semana cos preparativos para a noite máxica por excelencia en Galicia, a noite de san Xoán, e hoxe imos falar dun elemento fundamental para esta celebración: a sardiña. Parece que non vai abundar nestes días, pero seguro que non hai cacharela en Galicia onde non haxa algo deste peixe. As sardiñadas son un […]
Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘hall’
Hoxe imos comentar a voz inglesa hall, que se emprega frecuentemente en galego para designar unha sala dun edificio ou unha parte da casa próxima á porta principal de entrada. En galego podemos empregar formas propias como vestíbulo, entrada ou recibidor para substituír o estranxeirismo. Este é un pequeno paso máis para conseguir un galego […]
Máis expresións galegas que “quedan ben”
Hoxe imos seguir falando de expresións galegas que teñen un uso frecuente e comentando un pouco o seu significado. As dúas primeiras están relacionadas coa forma de ser. En galego empregamos ser un cara lavada para referírmonos a alguén que é moi atrevido e desvergonzado. Así mesmo, empregamos ser un/unha laverco/a para unha persoa que […]
O himno galego en lingua de signos
O himno galego, que une harmoniosamente o poema Os pinos de Eduardo Pondal cunha composición de Pascual Veiga, chegou en lingua de signos aos nenos do colexio Xunqueira 1, en Pontevedra. Co gallo do Día Nacional da Lingua de Signos, estes rapaces e rapazas aprenderon o noso himno en lingua de signos, impulsados pola Organización […]