Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Arquivo mensual / Maio 2016

Un paso máis para un galego máis noso: ‘manager’

É moi frecuente escoitar ou ler a palabra manager en galego. Emprégase este termo para referirse á persoa que é responsable de actividades económicas e administrativas e tamén para a encargada dos intereses económicos dos artistas, deportistas… É unha palabra moi común nos ámbitos do deporte e do espectáculo. En galego podemos empregar como substitutas […]

0

Como manda a tradición, saen os cabezudos pola Ascensión

Hoxe é festa en Compostela, celébrase a Ascensión. Como manda a tradición, dende hai décadas, un día coma hoxe saen os cabezudos pola zona vella compostelá. No programa Alalá contábannos a orixe e os detalles desta tradición. Cando os cabezudos saen á rúa comeza un espectáculo que abraia os asistentes, que chegan a crer que […]

0

En Galicia hai máis galiñas ca galegos!

Hoxe imos falar dun animal que está moi presente en moitas casas galegas: a galiña. No programa Por algo será! da TVG foron na busca da galiña do país e estiveron con pitas de Mos, piñeiras…, e descubríronnos moitas cousas novas, por exemplo, que en Galicia hai máis galiñas ca galegos/as! En galego temos diferentes […]

1

A sabedoría popular (5): refráns do mes de maio

Comezou maio, o mes en que celebramos o Día da Nai, o Día Internacional dos Traballadores, os maios, as festas da Ascensión, o Día das Letras Galegas… Teremos 31 días para gozar do mes primaveral por excelencia, sempre que a meteoroloxía nolo permita! E se chove, collemos o paraugas, e listo! O refraneiro galego dedicado […]

0

Aí vén o maio

Case sen decatarnos, chegou maio, e con el unha das celebracións galegas máis senlleiras, que levan ese mesmo nome: os maios. Con eles celebramos que rematou o inverno e que chegou a primavera. Esta é unha festa de orixe celta que está moi arraigada en Galicia, sobre todo en Pontevedra e Ourense. Ademais, está declarada […]

0

Miña nai, miña naiciña…

Nai, madre, mi madre, mamá, mami, mai, ma… Todas as palabras son poucas para referirnos á persoa que nos deu a vida. Como di esta copla galega, coma nosa nai non hai ningunha! “Miña nai, miña naiciña, como a miña non hai ningunha, que me quentaba a cariña co calorciño da súa” Hoxe celebramos o […]

0
Páxinas:123