Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Arquivo mensual / Maio 2016

A conta da CRTVG faise coa segunda edición do premio 2016

Twitter en galego: “Este ano a conta oficial da Corporación Radio e Televisión de Galicia fíxose co premio que entrega esta iniciativa todos os anos a unha conta de Twitter que promova e faga un bo uso da lingua galega nesta rede.”

0

Cen anos das Irmandades

Corría o ano 1916 cando, un día coma hoxe, o 18 de maio, se celebraba no local da Real Academia Galega da Coruña unha xuntanza, convocada por Antón Vilar Ponte, en que persoeiros galegos da época, como Manuel Lugrís Freire ou Uxío Carré Aldao, acordaban a creación da Irmandade dos Amigos da Fala, para dignificar, […]

0

Se perdemos a fala non seremos ninguén

“O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo”. Hoxe é o día grande da literatura galega, a gran celebración das nosas letras. Tal día coma hoxe, alá polo ano 1863, publicábase en Vigo o primeiro exemplar de ‘Cantares Gallegos’, de Rosalía de Castro, por iso […]

0

Outro pequeno paso máis para un galego máis noso: ‘puzzle’

Todos nalgún momento enredamos con este xogo, o puzzle, palabra que vén do inglés e que non recollen os dicionarios galegos. No noso idioma temos termos que podemos, e debemos, empregar para substituír este anglicismo, como son quebracabezas ou crebacabezas. Así, con este pequeno paso, conseguiremos un galego máis noso.  

0

Manuel María, irmandiño do viño

Co Día das Letras Galegas cada vez máis preto, seguimos co noso repaso ao poeta homenaxeado este ano, Manuel María. Este escritor é moi coñecido por diferentes facetas da súa vida, como son a política, a literaria, a cultural… Pero hoxe en Saborea imos comentar unha parcela da vida de Manuel María que igual xa […]

0

Máis palabras galegas que “quedan ben”

Hoxe imos seguir comentando algunhas palabras galegas que ás veces aparecen empregadas ou escritas incorrectamente. A primeira das elixidas é ‘vaites!’, que é unha exclamación que se emprega para expresar admiración ou sorpresa e, ás veces, certa ironía. O seguinte termo que imos comentar é ‘co gallo de’, locución preposicional galego que debemos empregar co […]

0

Manuel María, un señor da palabra

Continuamos con homenaxes e lembranzas ao autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, o progama ‘ZigZag Diario’, que se emite na segunda canle da TVG, ofrecíanos a súa achega á memoria deste poeta. Nunha entrevista, Xosé Luís Rivas, “Mini”, e Baldomero Iglesias, “Mero”, ambos integrantes do grupo […]

0

As bolboretas no bandullo

Sentes algo no estómago? Será amor? Será fame? Hoxe imos sentir bolboretas no bandullo, pero non das do namoramento… O blog Bolboretas no bandullo xunta dúas paixóns dos seus creadores: a cociña e o galego. Esta exquisita combinación fainos auga na boca! Nel propóñennos receitas de sempre, das de toda a vida, recuperando o léxico […]

0

Galicia somos nós: a xente e mais a fala

Co Día das Letras Galegas cada vez máis preto, son moitas as  lembranzas que se lle fan a Manuel María, o poeta homenaxeado este ano. Nesta ocasión, a agrupación Son do Sil, do Barco de Valdeorras, versionou no Luar da TVG un dos poemas máis coñecidos deste autor: ‘Galicia’. Manuel María foi un defensor da […]

0

Un recoñecemento ás redeiras

Desenvolven unha das profesións con máis historia e son maioritariamente mulleres. En cada peirao aparecen estas figuras, de mans curtidas e áxiles, que traballan arreo para ter todo a punto. Falamos das redeiras, un traballo moi apegado a Galicia que é símbolo de tradición e esforzo. Cando os barcos chegan ao peirao baixan o aparello […]

0
Páxinas:123