Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Arquivo mensual / Maio 2016

Undécima, décimo primeira e oncena

Esta fin de semana celebrouse un encontro futbolístico moi importante, a final da Liga de Campións, que enfrontaba o Real Madrid e o Atlético de Madrid. Gañou o primeiro deles e fíxose coa súa undécima copa. En galego, para expresar este numeral podemos empregar ademais as formas décimo primeira e oncena. Así mesmo, empregamos a […]

0

Expresións galegas que “quedan ben”

Hoxe imos falar de varias expresións galegas que teñen un uso frecuente e que non sempre se empregan axeitadamente. A primeira delas é a balavento, que se emprega para indicar que algo se fai ou se desenvolve de forma rápida, intensa ou atropelada. A seguinte expresión é a esgalla, que ten o significado de ‘en […]

0

Quen che dixo a ti que a flor do toxo…

En moitas vilas galegas andan estes días moi atarefados coa elaboración das alfombras do Corpus Christi, unha tradición que se repite ano tras ano en lugares como Ponteareas, Bueu ou Redondela. De feito, as de Ponteareas teñen o recoñecemento de Interese Turístico Internacional. Esperando que a chuvia dea unha tregua, imos facer un repaso a […]

2

Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘freak’

Hoxe, 25 de maio, celébrase o Día do Orgullo Friqui, así que imos aproveitar para comentar este anglicismo con bastante uso en galego. Friki ou friqui son termos frecuentes no noso idioma, procedentes da palabra inglesa freak, que significa ‘raro, extravagante’, e que tamén se incorporou en certo grao ao galego. Con todo, podemos evitar […]

0

A vestimenta tradicional galega

Aproveitando que no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela podemos ver unha mostra sobre a vestimenta tradicional galega, co nome de ‘A indumentaria’, hoxe imos facer un repaso sobre as pezas que a compoñen. Evidentemente, eran moitas as diferenzas entre os traxes de acotío e os de festa, e tamén entre as diferentes […]

0

O falar non ten cancelas

Aos/as galegos/as gústanos moito falar, somos xente faladora, falangueira, faladeira, paroleira, aínda que uns/unhas máis ca outros/as. Cando unha persoa fala moito dicimos que fala os sete falares, que fala polas orellas ou que fala polos cóbados. Ademais, cando alguén di cousas por dicir algo ou sen sentido usamos as expresións falar por falar ou […]

0

Outro pequeno paso máis para un galego máis noso: ‘link’

É habitual oír ou ver escrito en conversas ou textos en galego o termo link, para referirse ao elemento dun documento electrónico que permite acceder directamente a outra parte do escrito ou  a outro documento diferente. En galego temos outros termos aos que debemos darlles prioridade de uso para evitar a forma inglesa link, como […]

0

Estamos de fin de semana, imos de xolda?

Esta semana, co gallo do Día das Letras Galegas, a TVG emitía por primeira vez en televisión a película ‘A Esmorga’. Baseada na obra do mesmo nome escrita por Eduardo Blanco Amor, ten como fío argumental a noite de xolda dos tres personaxes principais. A eles fóiselles un pouco da man a festa, pero hoxe […]

0

Mobilízate coa CRTVG, súmate a Gcontigo!

Aínda non te sumaches a Gcontigo? Veña, bule!, non agardes máis. Xa o dixeron Roberto Vilar, en Land Rober Tunai Show, e Rodrigo Vázquez, en ‘O país máis grande do mundo’: Gcontigo é a mellor forma de estar informado a cada momento de todo o que acontece, dos deportes, da programación da TVG, do tempo […]

0

As palabras que máis nos gustan

No Luar da TVG tamén quixeron celebrar o Día das Letras Galegas e, ademais de lembrar a Manuel María, quixeron saber cales son as palabras que máis nos gustan aos/ás galegos/as. Coa colaboración dos/as convidados/as e coas chamadas dos/as espectadores/as, foron configurando un gran mural cos termos que ían saíndo. Como é normal, hai para […]

0
Páxinas:123