Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Arquivo mensual / Abril 2016

Un paso máis para un galego máis noso: ‘doping’

Hoxe damos un pasiño máis para conseguir un galego máis noso, imos falar do termo inglés ‘doping’ e do seu equivalente en galego: dopaxe. No mundo deportivo este é un termo de uso moi frecuente, igual que o seu verbo correspondente: dopar. Empregamos este verbo co significado de ‘administrar a [unha persoa ou animal] unha […]

0

Que non te collan nas patacas!

Se preguntamos cal é un dos alimentos máis consumidos polos/as galegos/as a resposta está clara: a pataca. Ademais, Galicia é unha gran produtora deste tubérculo. Por iso, no programa ‘Por algo será’ da TVG encargáronse de facer un interesante repaso sobre a historia e as curiosidades que rodean este produto. A pataca salvou Galicia do […]

0

Manuel María para nenos e nenas

Xa temos moi cerca o Día das Letras Galegas e dende Saborea queremos ir achegándonos un pouco máis á figura do poeta homenaxeado este ano, Manuel María. E que mellor maneira de facelo que empezando polos/as máis pequenos/as! Dous coñecidos artistas galegos, Uxía e Magín Blanco, propuxéronse que os versos de Manuel María cheguen a […]

0

Adeus ao padre Isorna, promotor do uso do galego na liturxia

José Isorna, o padre Isorna, foi durante anos a imaxe e a voz da misa na TVG. Este padre franciscano foi promotor do uso do galego na liturxia e estivo sempre comprometido coa galeguización da Igrexa, nuns momentos que non eran bos tempos para o galego. Onte, aos seus 94 anos, apagouse para sempre a […]

0

Máis palabras galegas que “quedan ben”

Como xa dixemos noutras ocasións, en galego hai moitas palabras e expresións que se empregan erroneamente inconscientemente, incluso crendo, ás veces, que se lle está dando un uso máis culto á lingua por introducir eses termos. Seguindo co repaso de palabras que se usan mal frecuentemente, hoxe imos comentar o termo perante, que debe empregarse […]

0

Precisamos a lingua se queremos vencer

Xa case cun pé no mes en que celebramos as Letras Galegas, na gala dos Premios Mestre Mateo Marga Pazos facía unha sentida chamada á defensa do idioma, da cultura… de todo o noso, algo que ás veces non valoramos o suficiente. Para iso, axudouse das palabras de Manuel María, o homenaxeado no Día das […]

0

Un libro, unha aprendizaxe

Imaxinades como seriades vós mesmos se nunca lerades un libro? Cambiaría algo a vosa forma de ver a vida? Un libro é unha porta de entrada a un universo descoñecido, sorprendente, marabilloso…, un mundo paralelo que nos absorbe e que muda cousas en nós. Cada persoa vai escribindo pouco a pouco o libro da súa […]

0

O gran día do audiovisual galego

O día de mañá é un dos máis agardados no sector audiovisual galego, xa que se entregan, un ano máis, os Premios Mestre Mateo. Estes galardóns, organizados pola Academia Galega do Audiovisual, premian o mellor da produción audiovisual galega. Estes premios levan o nome do creador do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, o […]

0

A que tocan as campás?

Rosalía de Castro falou das de Bastavales e Cunqueiro fíxoo das de Mondoñedo… Por que Rosalía morría de soidades cando as oía? Hoxe imos falar das campás e da súa linguaxe, como ben fixeron no programa ‘Por algo será’ da TVG. Nun pasado non moi afastado, o son dos sinos marcaba a vida da sociedade […]

0

Cando falar galego é un orgullo

Dá gusto atopar persoas que coma Sergio Álvarez, porteiro do Celta, senten e amosan o orgullo de falar galego. No programa En xogo, na segunda canle da TVG, en Twitter felicitaban a Sergio Álvarez pola súa corrección ao expresarse en galego e por coidar a nosa lingua. Esta felicitación, cremos que totalmente merecida, fixo que o […]

0
Páxinas:123