Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Arquivo mensual / Marzo 2016

Érache o falar de antes…

Cantas cousas nos ensina o Alalá! Ademais de música, tradicións, costumes… tamén nos explica vocabulario galego. E que ben o fan! Neste caso, nunha distendida e amena conversa entre a presentadora, Pilar García Rego, e unha das entrevistadas, Hortensia Fernández, sae o termo ‘desamalloados’, e Hortensia axiña matiza que ese era o “falar de antes”… […]

0

Videcedario: que é un cangallo?

Unha semana máis, temos unha nova entrada no Videcedario do programa A vide de Cachín. Esta semana faláronnos do cangallo, e na rúa comprobamos que hai respostas para todos os gustos ao preguntar polo seu significado: “Algo que estorba”, “unha porquería”, “unha persoa moi grande”, “un acio de uvas”, “un pescado”, “unha persoa mal feita”, […]

0

A afouteza da muller galega

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, conmemórase a loita da muller pola igualdade co home, en todos os ámbitos e aspectos vitais e sociais. Este é un día de reivindicacións, de peticións, de ansias de igualdade e de recoñecemento, pero isto non debe quedar só no 8 de marzo, senón que debe facerse […]

0

Bicos, bicos e máis bicos

Onte viamos en ‘Urxencia cero‘ o que podemos chamar un “bico de película” entre a doutora Montes e o doutor Losada. E de bicos imos falar hoxe. Un bico é unha demostración de afecto, amor, amizade, respecto ou reverencia que se fai tocando algo ou alguén cos labios pechados. Outras palabras galegas sinónimas de ‘bico’ […]

0

As cousas do vento

Para esta fin de semana está marcada unha alerta laranxa por vento en diferentes puntos de Galicia, tanto no litoral coma no interior. E diso imos falar un pouco, do vento. Dependendo de factores como a intensidade ou a dirección, en galego atopamos múltiples termos que fan referencia ao vento. Falamos de ‘refacho’ para definir […]

0

Regueifando con Alalá

No programa Alalá non deixan de descubrirnos e ensinarnos cousas. Neste caso fálannos da regueifa e cóntannos detalles descoñecidos para moita xente. Cando falamos de regueifa pensamos na disputa dialéctica improvisada e en verso entre dúas ou máis persoas sobre un tema. O que non todo o mundo sabe é que a regueifa é, especialmente, a […]

0

Pechacancelas, caneos, desquites e outras cousas do deporte

A linguaxe deportiva é un campo moi amplo e cheo de matices en todos os idiomas, e en galego tamén, evidentemente. Cando oímos ou lemos as noticias de deportes en galego sáennos palabras como ‘apupo’, ‘xergo’, ‘desquite’, ‘pechacancelas’… e outras moitas que, ás veces, espertan a nosa curiosidade. Por iso, hoxe imos facer un pequeno […]

2

Videcedario: que é un gabián?

Unha semana máis, o programa ‘A vide de Cachín‘ achéganos unha nova entrada para o Videcedario. Nesta ocasión faláronnos dos gabiáns das vides e, coma sempre, na rúa hai diferenza de opinións: “Algo de comer”, “un paxaro”, “traballar a terra arredor da vide”, “unha ave”, “unha vimbia para atar as cepas”, “unha gabia é unha […]

0

A sabedoría popular (3): refráns do mes de marzo

Rematou o mes de febreiro para deixarlle paso a un marzo que xa recende a primavera, a días máis longos, a luz… Neste mes deixamos atrás o inverno, teremos cambio de hora, celebraremos o Día Internacional da Muller, o Día do Pai, a Semana Santa… Na cultura popular galega hai multitude de refráns e frases […]

0
Páxinas:123