Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Arquivo mensual / Marzo 2016

Día Mundial da Poesía‬

A Eduardo Blanco Amor, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Curros Enríquez, Luís Seoane, Rosalía de Castro, Manuel María e tantos outros… Grazas!  ‪#‎DíaMundialdaPoesía‬

0

A arte de palillar

Conta unha lenda que un barco italiano que pasaba fronte á costa de Camariñas naufragou, non quedando case sobreviventes. A xente desta vila axudou neste accidente, dándolles pousada e comida aos viaxeiros que lograron sobrevivir. Como agradecemento, unha dama italiana que ía nese barco ensinoulles a palillar ás mulleres de Camariñas e dende aí esténdeuse […]

0

Hoxe non é un día calquera… hoxe é o Día do Pai

Non, hoxe non é un día calquera, hoxe é o Día do Pai. Pa, papi, papá, pai, padre, mi padre… todas son formas para referirnos a unha das persoas máis importantes das nosas vidas: noso pai. Hoxe celébrase o Día do Pai e por ese motivo, ademais de felicitalos a todos eles, imos falar precisamente […]

0

Un pequeno paso máis para un galego máis noso: ‘crowdfunding’

Seguindo con pequenos pasos para conseguir un galego máis noso, hoxe imos falar dun termo que ultimamente ten un uso moi común: ‘crowdfunding’. Chámaselle ‘crowdfunding’ á cooperación colectiva que un grupo de persoas levan a cabo establecendo unha rede para conseguir financiamento ou recursos para iniciativas e proxectos doutras persoas ou organizacións. En galego podemos […]

0

Videcedario: que é a borra?

Unha semana máis, A vide de Cachín tráenos unha palabra nova para engadir ao Videcedario. Hoxe imos falar da borra e, coma sempre, na rúa coméntannos o seu posible significado: “A min a borra sóame a goma de borrar”, “o que queda do café”, “para borrar algo”, “as sobras cando xa está feito o café”, […]

0

Non debes perder

Na entrada Era tempo de fiar falabamos do liño e incluso vimos como Sara cantaba mestras fiaba. Con este traballo iniaciábase o proceso que daría lugar a pezas de roupa únicas. Desde Vivea.gal queremos recomendar a visita á exposición “Con-fío en Galicia“, que é unha homenaxe ao universo creativo da moda galega. Non a podes perder!

0

Era tempo de fiar

Non hai moitos anos, o liño tiña un protagonismo importante en Galicia, e con el, as fiadas, as reunións que tradicionalmente se facían para fiar, onde non faltaban cantos, bailes… e alegría, moita alegría. As fiadas tamén reciben o nome de fías, fiadeiros ou fiandóns. No Alalá encargáronse en múltiples ocasións de falarnos destas reunións […]

0

Pequenos pasos para un galego máis noso

No galego, coma en todas as linguas, hai multitude de estranxeirismos: palabras ou frases estranxeiras que os falantes adoptamos e que, moitas veces, acaban substituíndo as formas propias do idioma. Quen non empregou algunha vez en galego ‘casting’, ‘catering’, ‘ranking’, ‘doping’, ‘puzzle’, ‘disc-jockey’, ‘parking’, ‘link’, ‘light’…? Seguro que todo o mundo nalgún momento as usou, […]

0

O que garda sempre ten

Dous andares ten o diñeiro, vén amodiño e vaise lixeiro. Iso debe ser o que pensa o dono de Ikea, que fixo do aforro a súa máxima na vida. Podemos pensar que é aforrador, austero…, pero tamén podemos crer que é coma a virxe do puño. O certo é que dono desta coñecida multinacional, propietario […]

0

Atención, planazo!

Xa ole a fin de semana, a descanso, a desconexión… Hoxe é venres e as cousas empezan a verse doutra cor, un pouco máis alegre, así que, imos buscar un planazo! Si, liches ben, imos buscar un planazo, con todas as letras! Todos/as precisamos dun tempo de asueto, de descanso, que normalmente vén marcado pola […]

0
Páxinas:123