Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Arquivo mensual / Marzo 2016

Mirando cara ás orixes (1)

Como é ben sabido, o galego é unha lingua romance (neolatina ou románica) , é dicir, derivada do latín, e como mostra diso, hoxe en día seguen presentes moitas locucións e expresións latinas que se empregan, en maior ou menor medida, en galego. Chamámoslles latinismos aos vocábulos ou modos de falar propios do latín empregados […]

0

Videcedario: que é a maloláctica?

Esta semana no programa A vide de Cachín trouxéronnos un termo novo para o Videcedario: maloláctica, e polo que vemos na rúa, parece que non é unha palabra moi coñecida: “Non teño nin idea”, “algo sobre o leite”, “de lácteos malos”, “non me soa para nada”, “da Vía Láctea ou así”, “é a primeira vez […]

0

Levántase o pano, empeza a función!

O 27 de marzo celebrouse o Día Mundial do Teatro, un día que homenaxea a arte da representación. Moito mudaron as cousas en Galicia desde aquel ano 1882 en que se levaba a escena ‘A fonte do xuramento’, unha peza teatral de Francisco María de la Iglesia que está considerada como a primeira obra representada […]

0

Vigo retorna ao século XIX

Tal día coma hoxe, un 28 de marzo, alá polo ano 1809, Vigo convertíase na primeira cidade europea que, nun alzamento popular, conseguía botar o exército de Napoleón dun lugar conquistado. Como recompensa, un ano despois, Fernando VII outorgoulle o título de cidade “fiel, leal e valorosa”. Agora, ano tras ano, o barrio histórico de […]

0

Máis sabedoría popular: a Pascua

Case todas as festas e celebracións teñen en galego a súa propia fraseoloxía, e a Pascua non ía ser menos. Hai moitos refráns que se refieren a estes días de Semana Santa e á Pascua. Algúns aluden ao tempo propio destas datas, outros ao mes en que caen estas celebracións (que varía entre marzo e […]

0

Un pequeno paso máis para un galego máis noso: ‘ranking’

Acotío oímos, escribimos e empregamos a palabra ‘ranking’ para referirnos a unha listaxe de elementos ordenados xerarquicamente seguindo algún criterio. Esta é unha forma inglesa que podemos evitar en galego substituíndoa por táboa clasificatoria, lista ou clasificación. Con todo, en caso de empregar o estranxeirismo, non debemos acentualo: *ránking. Con estes pequenos pasos que imos […]

0

Torradas, chulas e outros manxares da Semana Santa galega

Seguramente a Semana Santa non é a época do ano máis rica e variada en canto a comidas, xa que a tradición cristiá, totalmente vinculada a estas datas, manda non comer carne durante a Coresma, polo que os pratos que se consomen estes días moitas veces veñen condicionados por este feito, a denominada vixilia, que […]

0

A Semana Santa espállase por Galicia

Espalladas polo territorio galego atopamos estes días múltiples posibilidades para gozar da Semana Santa. Dúas localidades galegas, que merecen ser destacadas, conseguiron a distinción de Festa de Interese Turístico Internacional para a súa Semana Santa: Viveiro e Ferrol. A Semana Santa de Viveiro é unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia, que leva celebrándose cada […]

0

Videcedario: que son as lías?

Unha semana máis, o programa A vide de Cachín tráenos e coméntanos unha palabra nova. Desta vez tocoulle a lías e na rúa parece que non tiñan moi claro o seu significado: “Nin idea”, “algo para learse”, “algo vexetal”, “unha especie de plantas que se enrolan unhas nas outras”, “estou totalmente perdido, non sei…”, “son […]

0

Parece que vai chover…

Santiago Pemán non nos daba boas novas no Luar. O tempo esta Semana Santa vai estar revolto, pode haber algunha treboada e precipitacións… e iso non gusta nada! Os refráns, como ben comentaba Pemán, xa avisan: “Lava os teus panos na semana de Ramos, porque na de Paixón, ou lavaralos ou non”. A semana de […]

0
Páxinas:123