Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Arquivo mensual / Febreiro 2016

Un galego nos Óscars

Cando dicimos que en todos os sitios hai un/unha galego/a, incluímos tamén os Óscars. É o caso de Nico Casal, un santiagués que compartiu as súas primeiras palabras da emoción de que a gañadora do Óscar á mellor curtametraxe levase a súa música. ‘Stutterer’ levou o Óscar á mellor curtametraxe e Nico foi o responsable da súa banda sonora. […]

0

Alalá, o valor da música tradicional

Se hai un emblema da música tradicional na TVG, ese é o Alalá. Neste mes de febreiro fixo dez anos da primeira emisión do programa, e, por ese motivo, recuperáronse e ampliáronse contidos que se recollen en alala.crtvg.es. Está claro que a música é un piar fundamental da nosa cultura, transmisora de sabedoría, de tradicións, […]

0

Atención, nevadas!

Este inverno dá a sensación de que non foi moi frío, pero aínda falta un pouco para a primavera, polo que a cousa aínda pode mudar. De feito, segundo as predicións do tempo, esta fin de semana as temperaturas caerán e chegará a neve a moitos puntos de Galicia. A neve, eses pequenos cristais de […]

0

Videcedario: que é un refractómetro?

Unha semana máis, o programa A vide de Cachín ofrécenos unha entrega máis do seu Videcedario. A palabra desta semana é refractómetro, e parece que o seu significado non está moi claro na rúa: “É algo que reflicte a luz”, “unha máquina de dar sulfato”, “un útil para medir algo”, “algo que mide a refracción […]

0

Todos somos Rosalía #MobilizaRosalía

Tal día coma hoxe, no ano 1837, nacía unha meniña nunha casa do Camiño Novo, en Santiago de Compostela, filla de nai fidalga e solteira. Esa nena era Rosalía de Castro, que, paseniñamente, chegaría a ser unha das figuras máis senlleiras da literatura galega. Canto tocaron as campás de Bastavales!, cantos adeus a ríos e […]

0

O galego tamén emigra

O galego non entende de fronteiras, chega a onde o queiran levar, na boca de quen o leva consigo. Iso foi o que fixeron os homes e mulleres galegos/as que emigraron a Cuba: levaron a súa lingua con eles, defendérona e usárona, sen permitir que se fosen esquecendo dela. O galego, ademais doutras cousas (coma […]

0

E ti, de que signo vés sendo?

Es do/as que cre no horóscopo? Creas ou non, hoxe imos falar do zodíaco, por iso che preguntabamos de que signo es. O zodíaco é un diagrama circular que usan os astrólogos e que lles facilita o cálculo das influencias dos planetas e das estrelas na vida das persoas. As divisións do zodíaco chámanse signos, […]

0

A miña lingua materna é o galego

Hoxe, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna.  A denominada “lingua materna” é o primeiro idioma que aprende unha persoa, aquel que lle transmiten os pais, adquirido de forma natural e o que se coñece mellor, aínda que posteriormente se adquiran outros. A etapa infantil é un momento decisivo na aprendizaxe, polo […]

0

O ‘Luar’ da TVG, o mellor medicamento para a morriña

Unha vez máis, no Saborea temos que falar da morriña, neste caso da que senten os galegos que están na Arxentina. Cando se está fóra de Galicia, todas as novas que nos chegan da terra parecen poucas e séntese a necesidade de ser partícipe e de estar informado de todo o que sucede aquí. Pois […]

4

Eses tópicos tan típicos

Indecisos/as, retranqueiros/as, desconfiados/as, morriñentos/as… Son moitas as cualidades que dende fóra de Galicia nos atribúen aos/ás galegos/as, mais a nosa percepción non sempre concorda coa dos/as foráneos/as. Subimos ou baixamos?, pois para nós está ben claro… depende! Hai que fixarse ben, hai veces que subimos e outras que baixamos, coma todo o mundo. En xeral, […]

0
Páxinas:123