Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Arquivo mensual / Xaneiro 2016

A sabedoría popular (1): refráns do mes de xaneiro

A sabedoría popular (1): Refráns do mes de xaneiro Todos/as os/as galegos/as sabemos unha morea de refráns e frases feitas que empregamos constantemente, moitas veces segundo nos conveña. A temática dos refráns é tan ampla coma a lingua e a cultura galega. Atopamos frases que podemos aplicar case a calquera ámbito ou aspecto da vida. […]

0

Hoxe non teño o día

Está mañá non era a mesma, os ollos pesábanme, non acababa de espertar, algo pasaba… e, para máis, chovía! Si, xa sei que a chuvia é arte, pero non estaba inspirada… Entón, coma todos os días, consultei a web da CRTVG e vin a noticia “Hoxe é o día máis triste do ano” e de súpeto […]

0

Que tipo de lombo tes?

Que tipo de lombo tes? Soa unha pregunta un pouco rara, pero como ben explica Alba Cons neste vídeo, temos que prestarlle atención ao noso corpo, neste caso ao lombo, ao que tamén se lle chama costas, carrelo ou dorso, referíndonos á parte posterior do corpo humano, que vai dende os ombreiros ata o van […]

0

Videcedario: que é un bago?

Onte comezou a súa andaina na Televisión de Galicia o programa “A vide de Cachín” e xa empezaron a ilustrarnos con novas palabras. Sabedes o que significa “bago”, con “b”? Había opinións para todos os gustos: “unha persoa preguiceira”, “nin idea”, “un anaco de madeira”, “unha peza dun coche”, etc. A solución: unha uva considerada […]

0

Sonche faladeiro, descarado e bo larpeiro…

Atención, pregunta! Quen é o bulebule por excelencia da  TVG? Siiii, acertaches! É Shin Chan, que volve ás pantallas da TVG na súa segunda canle. Quen non se lembra dese pequeno rebuldeiro, tan riquiño el, que en tantos apertos metía a seus pais e a toda a xente que o rodeaba? É que os nenos […]

0

A chuvia é arte e Deus botouse a descansar

Xa o di AliciaG na súa entrada “Galicia, onde a chuvia é arte e ten máis de cen nomes distintos“, e os nosos compañeiros do Tempo, que estes días están a traballar arreo para manternos a todos ao tanto do que acontece nesta miña terra galega. Esta mañá comezaban no Bos Días coas montañas de […]

0

Inverno

Están os campos nevados, a xente xunto as lareiras, os gandos encortellados e os capós nas capoeiras. As bandadas de aves frías a berrar polos nabales. ¡Son moi pequenos os días e grandes os temporales! Manuel María

0
Páxinas:12