Esta semana atopabamos noticias como “A Coruña: única cidade española entre as 10 do mundo que serán tendencia este ano“, “A maior editora de guías de viaxes do mundo recomenda Galicia como destino fabuloso e económico” e “Os lugueses, os máis felices de Galicia“, e é que Galicia está de moda!. Xa o di a […]
Arquivo mensual / Xaneiro 2016
Entre botelos e androllas
Moito nos gustan aos/ás galegos/as as festas gastronómicas! Témolas repartidas ao longo de todo o ano e dedicadas a todo tipo de alimentos. Esta fin de semana toca homenaxear un dos produtos galegos típicos: o botelo, e vanse encargar de facelo na Fonsagrada, como levan facendo desde hai xa 19 anos. Pero… sabe todo o […]
Videcedario: que son os taninos?
Nova entrega do videcedario do programa A vide de Cachín. Nesta ocasión preguntan na rúa que son os taninos, e coma sempre respostas de todo tipo: “substancias que lle dan sabor ao viño”, “non teño nin remota idea”, “podemos buscalo na internet?”, “o sétimo de cabalería… taninoninonino“… Pero nada máis lonxe da realidade. Os taninos son […]
De rebaixas e facendo contas
Vai por ti, Salva! Alá onde queira que esteas e desde onde nos vixías sei que che debemos xerar algunha que outra dor de estómago. Explícome; como sabemos, non hai perda máis cruel de puntos ou dun partido que sexa no tempo engadido, si, ese que aumentan os colexiados por perdelo durante os noventa minutos. […]
Insultos propiamente galegos
Papahostias, papamoscas, papón, pasmón, paspán, papaleisón, parvo, prea, trosma, fato!!!! Non, non vai por vós!, é que hoxe, ao igual que fixeron en Luar coa profesora Carme Hermida, imos falar de insultos: calquera palabra que nós poidamos utilizar para enfadar e menosprezar a outra persoa. En galego tempos multitude de palabras que empregamos como insultos, […]
Protexidos por san Francisco…
…de Sales. Celebrámolo hoxe 24 de xaneiro, é patrón, padroeiro ou avogado de xornalistas e comunicadores. E nós, contamos, narramos e relatamos non só en prensa, radio ou televisión. Os medios dixitais e as redes sociais levan a dianteira. Un adiantado á actualidade e que viviu entre os séculos XVI e XVII sería Francisco de Sales, […]
Miañando
De cando en vez vexo no calendario de días mundiais curiosos que se celebra, hai tres motivos polo menos que festexar todos os días do ano. Pois ben, onte foi o “Día de responder as preguntas do meu gato”. Eu o de miañar, maiar ou miar non o levo moi ben, pero Lucas (na honra do […]
Emerxencia ou urxencia
Urxencia Cero é o nome da nova aposta da TVG que onte celebrou a súa preestrea na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela. E de urxencia e emerxencia imos falar hoxe. Moitas veces estas dúas palabras mesturan os seus significados e acabamos usándoas incorrectamente. Pois ben, hoxe, aproveitando o título desta nova serie, imos […]
Videcedario: que é o bagazo?
Na segunda entrada do Videcedario do programa “A vide de Cachín” temos nova palabra para aprender. Que é o bagazo? E moitas foron as respostas: “Non teño nin idea”, “algo do millo”, “de onde sae o viño”, “unha cunca de viño”, “que cheira a mar”, “o resto da uva que se utiliza para a augardente”. […]
Non paramos de encher o bandullo
Dicía meu pai tras un bo xantar: “Comín coma un cura”. Máis relixiosos uns ca outros, é que acabamos de rematar o tempo das larpeiradas do Nadal e xa estamos metidos no tempo do cocido. Si, de san Amaro a san Valentín, mes do cocido en Lalín. Pero eu devezo por el en toda Galicia […]