Saborea a lingua

Saborea a lingua é un blog para contaxiar o gusto polo galego

Unha saia cun lagarto pintado: A Carolina

Se hai unha peza de roupa coñecida en Galicia, esa é a saia da Carolina, que ten un lagarto pintado. Ademais, cando Carolina baila, o lagarto dálle ao rabo. Estamos a falar dunha das cancións tradicionais máis coñecidas e cantadas, non só en Galicia, senón tamén en Portugal, en Zamora, en León… É A Carolina, […]

0
saborea-destinoSgo

Chegando a Galicia, pasiño a pasiño… e con música

Os camiñantes máis coñecidos da TVG, Lucía Pérez e Tonhito de Poi, seguen a súa peregrinación, pasiño a pasiño, ata chegar ao seu destino. En #DestinoStgo non todo vai ser andar, tamén hai tempo para conversar con xente e descubrir que tanto Lucía como Tonhito levan a profesión de cantante moi metida no sangue, xa […]

0
saborea-destinoSgo

Camiñando cara a Santiago

Galicia é coñecida polo mundo adiante por moitos motivos, pero un dos máis importantes é, sen dúbida, o Camiño de Santiago. Milleiros de camiñantes percorren  esta ruta, en todas as súas variantes posibles, levados polas motivacións máis diversas. Moitas das persoas que viviron esta experiencia afirman que é única e recomendable e que marcou un […]

0
saboreaEntroido

Tempo de festa, tempo de Entroido

Estamos xa metidos de cheo nunha das festas máis tradicionais de Galicia, o Entroido. Son días de moita troula, de moita comida e de moita alegría. Espalladas por todo o territorio galego, son múltiples as opcións de entretemento que atopamos, tanto gastronómicas como festivas. Sen lugar a dúbidas, un dos puntos de Galicia onde máis […]

0
saborea-candelaria1

Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fóra

Hoxe, 2 de febreiro, é o día da Candeloria, unha data sinalada tradicional e culturalmente en Galicia, xa que simboliza a festa da luz e tamén o día do amor. Orixinariamente, era unha celebración pagá, relacionada coa fertilidade e cos ciclos estacionais, que sinalaba a proximidade da chegada da primavera e o renacer da natureza […]

0
saborea-shin-chan

Son Goku e Shin Chan, embaixadores dos Xogos Olímpicos de Toquio

Seguramente, se preguntamos nas rúas cales son os personaxes de debuxos animados máis coñecidos da Televisión de Galicia, dentro das repostas non poderán faltar nin Son Goku nin Shin Chan, que se emiten  pola segunda canle dentro do Xabarín Club. Pois ben, ademais de poder velos e seguilos por televisión, van ser tamén embaixadores dos […]

0
saborea-navideno

Un pequeno paso para un galego máis noso: ‘Navidad’ e ‘navideño’

Chegadas estas datas, hoxe imos comentar un dos termos que máis se oe estes días: *navideño. Na nosa lingua esta é unha palabra incorrecta, xa que é unha forma castelá derivada de *Navidad. En galego, debemos empregar é Nadal e, respecto aos seus derivados, temos a frase preposicional de ou do Nadal e o cultismo […]

0
saboreanadal

A sabedoría popular (12): refráns do mes de decembro

Culminamos un ano, mes a mes, de repaso de refráns e ditos populares da nosa terra; chegamos a decembro, coa súa celebración por excelencia: o Nadal. Son estas unhas datas de festa, tradicións (como o Apalpador) e, en xeral, felicidade. Decembro tamén ten reservado tamén un día específico para as chanzas e brincadeiras: o 28, […]

0
saborea-radiogalega

‘Rite, rite’ e xoga co galego na Radio Galega

Hai moitas maneiras de falar galego, de aprendelo e de ir descubrindo cousas sobre a nosa lingua. A Radio Galega pónnolo en bandexa, dun xeito moi entretido, dentro do programa Galicia por diante. Queres aprender expresións novas e coñecer os seus significados? Queres xogar a un divertido encrucillado con definicións sobre palabras en galego? Todo […]

0
saborea-xabarinapp

Estamos de estrea: App Xabarín TVG

Hoxe en Saborea a lingua imos falar dunha estrea moi especial. A CRTVG ofrece desde hoxe a súa programación para os máis pequenos a través dunha nova aplicación: Xabarín TVG. Esta App está  dispoñible para móbiles e tabletas, e desde ela os máis cativos poderán gozar de todas as series de animación en galego do […]

0
saborea-lexico

Máis expresións galegas que quedan ben

Hoxe imos seguir falando de expresións galegas que teñen un uso frecuente, e non sempre correcto, e comentando un pouco o seu significado e o seu emprego axeitado. A primeira delas é quedar a pre. Esta locución adverbial debe empregarse co significado de ‘en igualdade, sen ganar nin perder’. Tamén se emprega nalgúns contextos a […]

0
saborea-novembro11

A sabedoría popular (11): refráns do mes de novembro

  Xa estamos en novembro, un mes que empeza coa festividade de Todos os Santos e que acolle festividades tan sinaladas como o san Martiño ou o santo André, co que finaliza. Ademais, sempre vén acompañado dun pequeno “verán”, o de san Martiño, que “pode ser grande ou pequeniño”, como di o refrán. Novembro é, […]

0
saboreatartaruga

O galego dedicado aos máis pequenos

Cantos/as de nós medramos co Xabarín Club da Televisión de Galicia? Cantos/as nenos e nenas de hoxe gozan desta programación infantil da TVG? Seguro que fomos e son moitos/as! Un dos espazos de máis éxito deste programa foi As tartarugas mutantes (para moitos/as, As tartarugas ninja). Miguel Anxo, Donatello, Leonardo e Rafael fixeron común e […]

0
saboreasamain1

Noite de Samaín

Esta noite celebrarase en moitos sitios de Galicia o Samaín, unha festividade de orixe celta coa que, na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, se celebraba a fin da temporada de colleitas e coa que comezaba o que chamaban a ‘estación escura’. Durante este día, os pobos celtas crían que se diluía […]

0
saborea-outono-froita

Menú de outono

A estación en que estamos, o outono, tráenos unha chea de froitos para degustar, polo que hoxe imos ver o nome correcto en galego deses pequenos tesouros que nos ofrece a natureza e tamén das árbores que os dan. Entre as froitas propia destas datas están a milgranda (á que tamén coñecemos como granada), as […]

0
saborea-biosbardo

Pobre incauto/a!

Hoxe imos falar dunha maneira “moi fina” que temos os/as galegos/as de enganar a xente que xeralmente peca de incauta ou inxenua. Mandaches algunha vez alguén aos gazafellos? e aos biosbardos? quizais ás alpabardas? Os tres son nomes de animais irreais, e en Galicia é moi habitual mandar alguén buscar algún destes bechos fantásticos, normalmente […]

0
saborea-backup

Outro pequeno paso para un galego máis noso: ‘backup’

Cando falamos de informática e novas tecnoloxías é moi frecuente empregar e escoitar o termo inglés backup, que é a copia dos datos que se fai para poder recuperalos en caso de perda da información do equipo. En galego podemos evitar o uso deste estranxeirismo dicindo, por exemplo, copia de seguridade. Este é un pequeno […]

0

Día de homenaxe ás mulleres rurais

Hoxe celebramos o Día Internacional das Mulleres Rurais, unha homenaxe promovida pola ONU que quere destacar a contribución das mulleres ao desenvolvemento do medio rural. En Galicia, o papel da muller nos labores agrícolas e gandeiros foi e é, se cabe, aínda máis destable. Traballadoras incansables, loitadoras, responsables ou corresponsables de moitas explotacións… e tamén, […]

0
saborea-can-mosca

Máis expresións galegas que quedan ben

Hoxe imos seguir falando de expresións galegas que teñen un uso frecuente, e non sempre correcto, e comentando un pouco o seu significado e o seu emprego axeitado. A primeira expresión que imos comentar é a de *custar un riñón, que é incorrecta en galego, xa que parte da palabra *riñón, que na nosa lingua […]

0

Queremos que a rapazada teña recursos para aprender en galego

Segundo a Real Academia Galega, os primeiros anos dos/as meniños/as son cruciais para a transmisión do idioma. Moitas familias que lles falan aos pequechos e pequechas en galego vén que cando comezan a iren á escola volven para a casa falando castelán. É o momento en que se rompe o círculo familiar e empeza a […]

0
Páxinas:12345678910