CONCURSO PALACIO DA AUGA DO BALNEARIO DE MONDARIZ (semana do 8 ó 14 febreiro)

08/02/2010 | Sen categoría

Este é o sitio para poñer os comentarios desta semana. Como o domingo é o San Valentín, poñémonos románticos e queremos que nos digan cal é a mellor forma de decir “quérote” ou como lles gustaría que se lles declarasen.

As persoas que deixen os seus comentarios participarán no sorteo que celebramos este venres 12 de dúas entradas para o Palacio da Auga do Balneario de Mondariz.

NON ESQUEZAN POÑER O SEU NÚMERO DE TELÉFONO, É IMPRESCINDIBLE!!!

 

Moita sorte a todas e todos!

Ollo que as gatopatillas xa teñen dono (a)!

01/02/2010 | Sen categoría

Lembrades o asunto Gatopatillas? Aquelas zapatillas azuis que cambiamos por un reloxo nun dos tratos máis pouco rendibles que fixemos neste programa?:

zapatillas

As ínclitas.

 

 

 

 

 

 

Ó final as famosas zapatillas van ser para Margarita, a irmán dunha das nosas oíntes, Lourdes, que avogou pola súa causa: “serian perfectas para a miña irman Margarita,son do seu numero,encantanlle os gatos e o color e perfecto“.

Pois iso. Que as zapatillas xa sairon con dirección ós pes de Margarita e o asunto queda resolto.

Picó!

PECHADO!!!Concurso “Palacio del agua” (SEMANA DO 1 Ó 5 DE FEBREIRO)

01/02/2010 | Sen categoría

Este é o sitio para poñer os comentarios desta semana. Queremos que nos digan cal é o seu lugar preferido para bañarse. NON ESQUEZAN POÑER O SEU NÚMERO DE TELÉFONO.

A gañadora da semana pasada foi Ana Lucía, que tiña o número 17. 

Igual ca ela, o gañador ou gañadora desta semana levará un bono para dúas persoas para gozar do “Palacio del Agua” do Balneario de Mondariz.

O sorteo será o venres, 5 de febreiro.

Moita sorte!

O GAÑADOR é o número 40: ÁNGEL que participou a través do correo electrónico do programa!

Parabéns!

palacio-del-agua

PECHADO: Concurso “Palacio del Agua”, do Balneario de Mondariz (SEMANA DO 25 Ó 29 DE XANEIRO)

25/01/2010 | Sen categoría

Debaixo deste texto é o lugar onde teñen que poñer as súas respostas para o concurso de Palacio da Auga. Esta semana regalamos dúas novas entradas que sortearemos este venres 29 entre os participantes.  Lembren que son dúas entradas para gozar dunha sesión no Palacio da Auga do Balneario de Mondariz. Só ten que dicirnos cal é o seu lugar favorito para bañarse.  Adxudicaremos un número a cada comentario seguindo a orde de chegada.

 

NON ESQUEZADES POÑER O VOSO TELÉFONO

Moita sorte!

Buscamos a mellor praza de Galicia

19/01/2010 | Sen categoría

Si. Xa o sabemos. Ó final sempre acabamos metidos nalgún lío. Estes días tentamos atopar a mellor praza de Galicia. E claro, coma sempre, á hora de escoller as finalistas, houbo moitas discusións entre os integrantes do programa.

En conclusión. Tras horas deliberando, temos unha candidatura de consenso.  Temos    14 prazas. De vós depende que deamos coa mellor de Galicia.

As famosas zapatillas!

12/01/2010 | Sen categoría

O día 7 de xaneiro organizamos un certame no noso programa. Nel pedíamos ós ointes que nos dixeran cal dos agasallo que lles deixaron os reis non lle gustaba moito (se é que había algún)zapatillas. Recibimos moitas chamadas e mensaxes e entre elas eleximos unha. José Ramón foi o elexido. El explicounos que lle regalaran unhas zapatillas de casa cun gato na punta e que non lle gustaban moito (e non eran do seu número). Nós cambiámosllas por un reloxo de Time Force que a verdade que está moi ben.

José Ramón comprometeuse a enviarnos as zapatillas que son estas…posando na redacción.

Agora non sabemos que facer con elas así que pedímosvos axuda:

¿A quen queres que lle enviemos este “modelaso” do número 41?

As razóns deixámolas nas vosas mans: por cariño, porque pasan frío nos pes, porque sabedes que lle van gustar, etc.

Atentos ó programa de hoxe 12 de xaneiro porque comeza o ZaPaTiLLazo!!!

 

A tarde.

A canción do ano 2009

04/01/2010 | Sen categoría

Non é verán. E se vos somos sinceros este ano creo que nin houbo tal!. Que tempo máis movido…pero por outra parte que campos e montes máis verdes nos van quedar!. Digo que non é verán porque imosvos preguntar pola canción máis representativa e movida do ano 2009. Un algo así como o de buscar a canción estival pero para o ano completo. Tedes a enquisa a dereita así que podedes ir votando. Queda tamén aberta a lista B.  A lista B é a que conformaremos coas vosas propostas que podedes ir dexando nos comentarios desta mesma entrada.

Grazas.

O equipo de A Tarde.

Esta semana buscamos o mellor Belén…

07/12/2009 | Sen categoría

…ou o mellor Nacemento,  como queirades chamarlle… Estamos segurísimos de que nos quedan moitos fóra da selección. Pero tentamos buscar os máis populares ou os que teñen máis historia.

Pero quedaremos moi agradecidos se nos falades doutros Beléns que vós coñezades e merezan ser O MELLOR de Galicia.

Bo Nadal e…  a votar!!!

Cestas de Nadal

27/11/2009 | Sen categoría

Supermercados Froiz regálanos 6 cestas de Nadal. Cada semana sortearemos unha…

Así, se a gañades, practicamente só teredes que por a mesa, porque o resto pono Supermercados FROIZ…

mesa

A cesta está valorada en 180 € e contén:

Unha cesta grande, 2 botellas de cava Freixenet, unha botella de whisky Chivas 12 anos, unha botella de brandi Gran Duque de Alba, dúas botellas de viño Ribera del Duero, unha botella de Albariño, unha tableta de turrón Pico Alacante, unha tableta de turrón Pico Xixona, unha tableta de turrón de chocolate Sabú con améndoas, un xamón serrano Navidul reserva, unha peza de chourizo ibérizo Froiz, un paquete de café Bonka, unha lata de galletas danesas, un estoxo de mazapán convento Doña Jimena, un estoxo de bombóns Nestle, un bote de piña Del Monte, un bote de pexego FROIZ, un frasco de espárragos Casagrande, unha lata de bonito Isabel en aceite de oliva, unha lata de aceitunas La Españaola e unha bolsa de noces La Reigosa.

Para participar no sorteo,  deberedes axudarnos a montar o Belén.  Hai tres xeitos de xogar, sempre durante o tempo do programa:

1. A través do teléfono: 981 540 979 ou 981 540 989

2. Enviando un mail a atarde@crtvg.es  no que poñades o voso número de teléfono.

3. Enviando un sms no que escribides RG deixades un espazo e poñedes a vosa resposta, seguida do voso número de teléfono. Enviádeo ó 25211.

Buscamos o mellor pazo

24/11/2009 | Sen categoría

Abaixo, á dereita, tedes a selección dos doce pazos galegos que son os candidatos a Mellor Pazo de Galicia.

Para facer a selección, contamos co asesoramento de Víctor Nogueira, autor do libro “Pazos de Galicia”.

Debaixo das fotos, tedes un espazo para facer os comentarios que queirades.

A votar!!!