Obradoiro “Comunicar Ciencia na Radio”

Actualización 26-3-19 14:49h Esgotadas prazas e reservas

Poñemos en marcha unha nova edición do obradoiro «Comunicar Ciencia na Radio». As prazas son moi limitadas polo que aconsellamos que se che interesa te inscribas o mais axiña posible.

Este obradoiro está pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… e terá lugar o vindeiro venres 29 de marzo no estudio de radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Gravaranse contidos que se emitirán en Efervesciencia.

Consulta as bases aquí. Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)gmail.com. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto “Efervesciencia 18” financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades