Recuncamos co obradoiro “Comunicar Ciencia na Radio” tras as boas valoracións das edicións anteriores. Este obradoiro está pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… e terá lugar o vindeiro sábado 12 de xullo no estudio 4 da Radio Galega en San Marcos.
Descarga as bases e cartel. Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)radiogalega.es
Actualización 27-6-14: Finalizada a inscrición, todas as prazas e as reservas están cubertas.